Gran Vía de Madrid
A Gran Vía é unha das principais rúas da cidade de Madrid. Comeza na rúa de Alcalá e termina na Plaza de España.
É un importante fito na cidade desde a súa construción a principios de século XX visto desde o punto de vista comercial, turístico e de lecer. Neste último aspecto é famosa polos seus cines, aínda que nos últimos anos algúns deles pecharon e outros se reconverteron con gran éxito ao teatro musical, polo que o tramo comprendido entre a Plaza de Callao e a Plaza de España coñécese como o "Broadway madrileño". O tramo comprendido entre a Red de San Luís e a Plaza de Callao alberga na actualidade numerosas tendas de cadeas internacionais de moda.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Vía de Madrid ![]() |