Gran Buda de Tailandia

Coordenadas: 14°35′35.60″N 100°22′40.02″L / 14.5932222, -100.3777833

O Gran Buda de Tailandia, tamén coñecido como Phra Buddha Maha Nawamin ou Mahaminh Sakayamunee Visejchaicharn, é a meirande estatua de Tailandia e a novena máis alta do mundo.

Gran Buda de Tailandia
Vista do Gran Buda de Tailandia en xullo de 2009.
Presentación
Nome localพระพุทธมหานวมินทรศากยมุนีศรีวิเศษชัยชาญ (Mahaminh Sakayamunee Visejchaicharn)
LocalizaciónWiset Chai Chan, Provincia de Ang Thong, Tailandia
EstiloArte budista
TipoEscultura
Construción
Inicio1990
Remate2008
Dimensións
Altura92 m

Atópase no mosteiro Wat Muang, na provincia de Ang Thong.[1] Érguese 92 m sobre o chan e posúe 63 m de ancho na súa base. A súa construción comezou en 1990 e rematou en 2008. Está feita de cemento e pintada de ouro.[2]

Notas editar

  1. "The Biggest Buddha in Thailand?". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2016. Consultado o 7 de setembro de 2015. 
  2. "How Big is The Biggest Buddha Statue?". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2019. Consultado o 7 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar