Gránulo específico
Os gránulos específicos son vesículas secretoras que se encontran exclusivamente en células do sistema inmunitario chamadas granulocitos.
Aínda que ás veces o termo se describe como aplicado especificamente a neutrófilos,[1] outras veces se aplica tamén a outros tipos de células.[2]
Estes gránulos almacenan unha mestura de moléculas citotóxicas, entre as que hai moitos enzimas e péptidos antimicrobianos, que se liberan por un proceso de desgranulación despois da activación dos granulocitos por un estímulo inmunitario.
Os gránulos específicos son tamén denominados gránulos secundarios.[3] Durante o desenvolvemento dos granulocitos, unha das células iniciais, o promielocito, ten só gránulos azurófilos (primarios), pero despois este se transforma en mielocito e aparecen os gránulos específicos (secundarios). O mielocito dá lugar aos distintos tipos de granulocitos e en cada un o contido dos gránulos é diferente.
Contido
editarExemplos de moléculas citotóxicas almacenadas nos gránulos específicos en diferentes granulocitos son:
- Neutrófilo: fosfatase alcalina, lactoferrina, lisozima, NADPH oxidase.
- Eosinófilo: catepsina, proteína básica maior.
- Basófilo: heparina, histamina (non directamente citotóxica).
Importancia clínica
editarUnha deficiencia en gránulos específicos pode ser asociada co xene CEBPE.[4]
Notas
editar- ↑ "Definition: specific granule from Online Medical Dictionary".
- ↑ Okuda M, Takenaka T, Kawabori S, Ogami Y (July 1981). "Ultrastructural study of the specific granule of the human eosinophil". J. Submicrosc. Cytol. 13 (3): 465–71. PMID 7334549.
- ↑ John P. Greer; Maxwell Myer Wintrobe (1 December 2008). Wintrobe's clinical hematology. Lippincott Williams & Wilkins. pp. 173–. ISBN 978-0-7817-6507-7. Consultado o 10 November 2010.
- ↑ Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) SPECIFIC GRANULE DEFICIENCY; SGD -245480
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Neutrophil granules at sav.skArquivado 27 de novembro de 2006 en Wayback Machine.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |