Gráfico de Pournelle

O gráfico de Pournelle, desenvolvido por Jerry Pournelle, é un sistema de coordenadas en dúas dimensións que se utiliza para distinguir as ideoloxías políticas. É similar ó gráfico de Nolan, que tamén é un gráfico bidimensional, coa diferenza de que o eixe X (chamado estatismo) se refire á actitude ante o Estado e o goberno centralizado (sendo o extremo da dereita o culto polo Estado) e o extremo esquerdo a idea do Estado como "o maior dos males", preferindo a liberdade individual - a diagonal do gráfico de Nolan e o eixe Y (chamado racionalismo) refírense ó grao en que se cre que os problemas da sociedade poden ser ou serán resoltos mediante o uso da razón (sendo o extremo superior a completa confianza no progreso social planificado —o poder da razón para formar unha comunidade— e o extremo inferior o escepticismo cara a aqueles esquemas, os que son vistos como utópicos); ademais, aqueles na parte superior deste eixe tenden a desprenderse do costume tradicional, se non entenden a que propósito serve (considerándoo anticuado e probablemente inútil), mentres que os da parte inferior tenden a manter o costume (considerándoo probado polo tempo e probablemente útil).

Gráfico de Pournelle, co estatismo (que vai desde "o maior dos males" ó "culto ó Estado") e o racionalismo (que vai desde o irracional ó racionalismo absolutista) como eixes (en inglés).

A clasificación das ideoloxías políticas segundo este gráfico dáse en catro cuadrantes:

  1. Cuadrante superior dereito - alto estatismo e alta racionalidade: Ideoloxías "de esquerda", como o progresismo ("liberais" en inglés norteamericano), o socialismo e o comunismo.
  2. Cuadrante dereito inferior - alto estatismo e baixa racionalidade: Ideoloxías "de dereita" como o conservadorismo, o fascismo e o nazismo.
  3. Cuadrante inferior esquerdo - baixo estatismo e baixa racionalidade: Ideoloxías "de esquerda" como o anarquismo clásico (ou anarcosocialismo) e a contracultura.
  4. Cuadrante superior esquerdo - baixo estatismo e alta racionalidade: Ideoloxías "de dereita" como o libertarianismo e o obxectivismo.

Segundo esta teoría, a diferenza entre pouca ou moita racionalidade hai que enfocala a teorías que fan fincapé na parte sentimental e na acción, fronte a teorías que fan fincapé na parte lóxica e na teoría.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar