A gota chinesa ou tortura da gota de auga é un método de tortura psicolóxica. Non debe ser confundida coa bota malaia, outro método de tortura que pola súa homofonía ás veces se confunde incorrectamente como "gota malaia".

Unha reprodución do sistema de tortura coñecido como gota chinesa no Memorial Berlín Hohenschönhausen.

Descrición editar

Consistía en inmobilizar un reo en decúbito supino —tombado boca arriba—, de modo que caese sobre a súa fronte unha gota de auga fría cada cinco segundos.[1] Despois dalgunhas horas, o goteo continuo provocaba dano físico na súa pel, similar ao que sofren as xemas dos dedos despois dun baño de inmersión.

Pero a verdadeira tortura para a vítima era a tolemia que lle provocaría o non poder durmir, debido á constante interrupción das gotas, nin tampouco poder beber esa auga cando a sede atacase, co cal aos poucos días sobreviña a morte por paro cardíaco.

É por ese motivo que se lle coñece tamén como tortura chinesa.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar