Gorillas in the Mist
Gorillas in the Mist: The Story of Dian Fossey é un filme biográfico dirixido por Michael Apted que foi estreado en 1988. Está baseado na vida da naturalista Dian Fossey e o seu traballo sobre os Gorilla beringei beringei en Ruanda.
Gorillas in the Mist: The Story of Dian Fossey | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gorillas in the Mist: The Story of Dian Fossey |
Director | Michael Apted |
Produtor | Peter Guber Rick Baker Terrance A. Clegg Arne Glimcher Judy Kessler Robert Nixon |
Guión | Anna Hamilton Phelan Tab Murphy Dian Fossey Harold T.P. Hayes |
Intérpretes | Sigourney Weaver Bryan Brown Julie Harris John Omirah Miluwi |
Música | Maurice Jarre |
Fotografía | John Seale |
Montaxe | Stuart Baird |
Distribuidora | USA/Canadá Universal Studios Internacional Warner Bros. |
Estrea | 1988 |
Duración | 129 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama, Biográfico |
Orzamento | $12 000 000[1] |
Recadación | $61 149 479 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse Editar
Dian Fossey chega a África para confeccionar un censo sobre unha especie en perigo de extinción: o Gorilla beringei beringei. Acompañada por un rastrexador nativo comeza o seu traballo e queda fascinada pola vida deses animais, ós que non teme achegarse para estudar o seu comportamento. Entre Dian e os gorilas chega a establecerse unha relación afectiva. No seu afán por protexer a especie, a Doutora Fossey terá serios problemas coas autoridades e os cazadores furtivos, que venden as crías ós zoolóxicos e matan os adultos para a fabricación de souvenirs.
Personaxes Editar
- Sigourney Weaver como Dian Fossey
- Bryan Brown como Bob Campbell
- Julie Harris como Roz Carr
- John Omirah Miluwi como Sembagare
- Iain Cuthbertson como Doutor Louis Leakey
- Constantin Alexandrov como Van Veeten
- Iain Glen como Brendan
Galardóns e nomeamentos Editar
- 1988: 5 nomeamentos ó Oscar: mellor actriz (Sigourney Weaver), guión adaptado, montaxe, banda sonora e son.
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)