Google Play
Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir[1] dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.
Google Play | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | |
Publicación inicial | 22 de outubro de 2008 |
Última versión | 20.9.10 (9 de xullo de 2020 ) |
Estado de desenvolvemento | Con soporte. |
Sistema operativo | Android. |
Plataforma/s | Android, Android TV, Wear OS, Chrome OS, Web. |
Lingua/s | Varias. Galego: ![]() |
Licenza | Propietaria. |
Sitio web | play |
As aplicacións atópanse dispoñibles de balde, así como tamén previo pago. Poden ser descargadas directamente dende un dispositivo con Android a través da aplicación móbil Play Store. É posible así mesmo instalar as aplicacións directamente e sen necesidade dunha computadora, en dispositivos con sistema operativo BlackBerry 10.[2]
En marzo de 2012, coa fusión de Android Market con Google Music, o servizo foi renomeado como Google Play, como resultado da nova estratexia de distribución dixital de Google. En xullo do 2013, anunciouse que Google Play excedera o millón de aplicacións publicadas e que se contabilizaran máis de 50 mil millóns de descargas.
Contidos editar
Aplicacións editar
Os usuarios teñen a posibilidade de instalaren aplicacións a través do sitio web do desenvolvedor ou mediante tendas de distribución dixital alternativas. Estas poden ou ben ser actualizadas automaticamente se o usuario así o establece, ou ben manualmente unha a unha.
O 17 de marzo de 2009, arredor de 2 300 aplicacións estaban dispoñibles en Android Market, de acordo[3] co director técnico de T-Mobile Cole Brodman. O 10 de maio de 2011, durante Google I/O, Google anunciou que en Android Market figuran 200 000 aplicacións[4] e que foron instaladas 4 500 000 000 veces.
Ano | Mes | Aplicacións dispoñibles |
Descargas ata a data |
---|---|---|---|
2009 | Marzo | 2 300[3] | |
Decembro | 16 000[5] | ||
2010 | Marzo | 30 000[6] | |
Abril | 38 000[7] | ||
Agosto | 80 000[8][9] | 1 000 millóns | |
Outubro | 38 000[10] | ||
2011 | Maio | 200 000 | 4 500 millóns[11] |
Xullo | 250 000[12] | 6 000 millóns | |
Outubro | 319 000[13] | ||
Decembro | 380 297[14] | 10 000 millóns[15] | |
2012 | Xaneiro | 400 000[16] | |
Outubro | 675 000[17] | ||
2013 | Xaneiro | 800 000[18] | |
Xullo | 1 000 000[19] | 50 000 millóns[20] |
Play Libros editar
Play Libros[21] é unha aplicación móbil que permite ler libros electrónicos. Foi desenvolvida por Google en febreiro de 2011 e ofrece máis de catro millóns de títulos que poden ser adquiridos a través de Google Play. Os libros adquiridos son almacenados na nube, con acceso directo na aplicación ou a través da web. Os usuarios poden almacenar máis de 1 000 ficheiros sen custo, sempre que cada ficheiro non supere os 50 MB de espazo.
O 15 de maio de 2013 actualizouse Play Libros engadindo a posibilidade de que os usuarios poidan subir ficheiro en formato PDF e EPUB. Play Libros atópase actualmente dispoñible en 44 países[22].
Play Xogos editar
Play Xogos é un servizo e aplicación desenvolvidos para Android, iOS e para web que engade a opción de multixogador en tempo real, logros, táboa de posicións e de gardar información na nube dos xogos que sexan compatibles co servizo. Foi presentado no Google I/O de 2013, e a aplicación foi lanzada o 24 de xullo dese mesmo ano no evento chamado "Breakfast with Sundar Pichai".
Play Newsstand editar
Google Play ofrece a posibilidade de subscribirse a revistas e diarios de noticias nalgúns países, entre os que están os Estados Unidos, Australia, o Canadá e o Reino Unido, isto a través das aplicacións Google Currents e Play Magazines. O 20 de novembro de 2013, Play Magazines e Google Currents fusionáronse dando lugar a Play Newsstand, aplicación que combina os servizos de ambas as aplicacións nun só produto.
Play Música editar
Play Música é un servizo de almacenamento e sincronización de música na nube, así como tamén unha tenda musical en liña lanzada en 2011, tras anunciala oficialmente durante a conferencia de desenvolvedores Google I/O do 10 de maio de 2011. O servizo permite o almacenamento gratuíto de cancións propias ata un total de 50 000, que ao sincronizárense na nube serán accesibles desde calquera punto. Tamén permite escoitar música a través de streaming, servizo que se ofrece mediante subscrición.
O servizo é accesible vía navegador, cliente de escritorio e smartphones con Android, aínda que tamén se pode acceder[23] desde outros sistemas operativos móbiles sempre e cando soporten Adobe Flash.
Aplicación Play Store editar
Historia editar
Google creou Android Market o 28 de agosto de 2008 e púxoo á disposición dos usuarios o 22 de outubro de 2008. Introduciuse soporte para as aplicacións de pago o 13 de febreiro de 2009 para os desenvolvedores dos Estados Unidos e do Reino Unido, coa axuda adicional de 29 países o 30 de setembro de 2010.
O 6 de marzo de 2012, o servizo foi relanzado cunha nova aparencia, así como cun novo nome, chamándose agora Google Play e contando nese momento con máis de 450 000 aplicacións dispoñibles[24]. A partir dese momento, os aparatos que non pudieran actualizar Android Market a Google Play deixaron de acceder ás novas aplicacións.
Clasificación de aplicacións editar
Google Play, igual que o seu competidor App Store, ten un sistema de clasificación por idades, aínda que desde o 8 de xuño de 2015 as apps son clasificadas por sistemas de clasificación por idades de diferentes rexións e países, sempre e cando non colidan con normas como ESRB ou PEGI.
- Para todos: contido sen restricións de idade (equivale a 4+ de App Store).
- Madurez baixa: recomendado para maiores de 6 o 7 anos (equivale a 9+ de App Store).
- Madurez media: Recomendado para maiores de 12 anos (equivale a 12+ de App Store).
- Madurez alta: Recomendado para maiores de 17 anos (equivale a 17+ de App Store).
Tamén existe a clasificación que se lles dá ás apps exentas de clasificación, introducida en 2015.
Interface editar
Google Play ten un acceso fácil e rápido ás súas aplicacións. Estas son creadas por desenvolvedores de todo o mundo e posteriormente puntuadas polos usuarios de Android.
O menú ten as seguintes opciones:
- Mostrado: avanza polos iconas da parte superior para ver as aplicacións mostradas.
- Aplicacións: examina todas as aplicacións ou busca aplicacións por categorías.
- Xogos: examina todos os xogos ou busca xogos por categorías.
- Busca: busca aplicacións en Google Play.
- As miñas descargas: visualiza as aplicacións que están instaladas no dispositivo.
As categorías de xogos e aplicacións do menú principal proporcionan submenús para que a busca sexa máis sinxela. Os usuarios teñen a posibilidade de valorar as aplicacións cunha escala de 1 a 5 estrelas; tamén ofrece a posibilidade de poñer comentarios sobre a aplicación. Os desenvolvedores que publiquen as súas aplicacións poden engadir capturas de pantalla e vídeos.
Desenvolvedores editar
A gran novidade que achega Google Play atangue aos desenvolvedores: estes serán capaces de facer o seu contido dispoñible nun servizo aberto, o servizo de Google que ofrece unha retroalimentación e un sistema de cualificación similar a YouTube. Os desenvolvedores terán un contorno aberto e sen obstáculos para poñeren a disposición o seu contido; este pode subirse ao mercado en tres pasos: rexistrarse como comerciante, subir e describir o seu contido e publicalo. Para rexistrarse como desenvolvedor e subir aplicacións hai que pagar unha cota de rexistro (US$ 25,00) con tarxeta de crédito (mediante Google Checkout).
Os desenvolvedores das aplicacións de pago reciben un 70 % do prezo total da aplicación, mentres que o 30 % restante é destinado ás empresas. O beneficio obtido de Google Play págaselles aos desenvolvedores a través das suás contas no sistema Google Checkout.
Dispoñibilidade para desenvolvedores editar
Nun primeiro momento só os desenvolvedores no Estados Unidos e Reino Unido tiñan soporte para publicar aplicacións de pago. Actualmente Google aumentou esa lista con países como Austria, Francia, Alemaña, Italia, España e Países Baixos. Polo contrario, a lista de países con dispoñibilidade de desenvolvedores que poden distribuír aplicacións gratuítas é: Australia, Austria, República Checa, República Dominicana, Francia, Alemaña, Italia, Países Baixos, Polonia, Singapur, España, Reino Unido, Estados Unidos e Venezuela.
Competencia e aliados editar
As dúas principais plataformas de móbiles son App Store de Apple e Google Play de Google, pero tamén hai outras como Samsung Apps de Samsung, AppGallery de Huawei, Nokia Store de Nokia, Market Place de Toshiba App, App World[25] de Blackberry, Tenda Windows[26] de Microsoft, App Store de Amazon, Palm App Catalog e SlideME.
O desenvolvemento de aplicacións para o iPhone non está sendo de fácil acceso como consecuencia da política de admisión de aplicacións de Apple, que é moi restritiva. En cambio, Google Play non fai tantas excepcións coas aplicacións, aceptando todas, propias ou de desenvolvedores, grazas á súa ferramenta Android SDK.
Polo que se refire ao número de descargas, Google Play superou a App Store en número de descargas desde xuño de 2013 e en 2014 conseguiu superar en número de aplicacións ofrecidas desde Google Play a App Store, a tenda de Apple. En España, a evolución de Google Play parece ser mellor comparada co nivel mundial. Ademais, é posible instalar aplicacións directamente no dispositivo, e disponse do arquivo APK da aplicación.
Seguridade editar
Google reportou que no 2015 procedeu a escanear 6000 millóns de aplicacións cada día na busca de elementos potencialmente daniños (Potential Harmful Apps), detectando 0,15 % de aplicacións nesta categoría, as cales foron retiradas da tenda de aplicacións. A porcentaxe aumentou ao 0,5 % cando se incluíron aplicacións non instaladas a través de Google Play. Estas porcentaxes foron relativamente estables ao longo dos anos. Entre as súas políticas para promover a seguridade, Google incorporou a encriptación de discos e a oferta de recompensas a quen atope fallos na distribución das aplicacións[27]. Ademais, a constante actualización da propia aplicación de Play Store retira os posibles bugs e fallos xerados nos novos terminais; desta forma, está en constante cambio para mellorar a seguridade da propia plataforma[28].
Problemas de patentes editar
Google Play podería estar patentado baixo a patente estadounidense 6857067. Os desenvolvedores que usan Google Play están sendo demandados[29].
Notas editar
- ↑ "Países nos que está dispoñible o servizo". Google Support (en español). Consultado o 12 de xullo de 2014.
- ↑ "SNAP Google Play Store para BlackBerry 10 Actualizado a v2.0.0.2". Berry Review (en inglés). 6 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 "Android Market necesita máis filtros, dice T-Mobile". PC World (en inglés). 17 de marzo de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2020.
- ↑ "Android: impulso, dispositivos móbiles e máis en Google I/O". The Official Google Blog (en inglés). 10 de maio de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2020.
- ↑ "Google: en realidade, só contamos con 16 000 aplicacións en Android Market". TechCrunch (en inglés). 16 de decembro de 2009. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Android Market ten 30 000 aplicacións, máis ou menos" (en inglés). 18 de marzo de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Android Market ahora ten 38 000 alicacións". Android Central (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Android Market ten máis de 80 000 aplicacións, dice Rubin de Android". Android Central (en inglés). 9 de setembro de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Android Market chega a mil millóns de descargas, 100 000 aplicacións" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 20 de abril de 2016.
- ↑ "Android Market ten 100 000 aplicacións". Android Central (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Google: 3 mil millóns de aplicacións de Android instaladas; Descargas ata 50 por cento desde o último trimestre". Techcrunch (en inglés). 14 de abril de 2011. Consultado o 13 de maio de 2011.
- ↑ "Android Market agora ten máis dun carto de millón de aplicacións". Android Central (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2011.
- ↑ "Android Market alcanza a marca de 500 000 aplicacións". T3 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2011.
- ↑ "Google Android Market". Distimo (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "10 mil millóns de descargas de aplicacións de Android de Google: por números". Wired (en inglés). 18 de agosto de 2011. Consultado o 13 xullo de 2020.
- ↑ "Android Market supera as 400 000 aplicacións" (en inglés). Green Bot. 4 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Google Play alcanza as 675 000 aplicacións". iPadizate (en español). 26 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ Ojeda, Alberto Guillén (4 de xullo de 2014). "Google Play supera á App Store con 800 000 aplicacións dispoñibles". Andro4all (en español). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Google Play xa ten un millón de aplicacións no seu catálogo". La Nación (en español). 25 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ Caballero, Alejandro (4 de xullo de 2014). "Google Play segue batendo récords e alcanza as 50.000 millóns de descargas". Andro4all (en español). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Google agrega libros electrónicos a Android Market". CNET (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Dispoñibilidade por país das apps e o contido dixital de Google Play". Soporte Google (en español). Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Music Beta de Google se lanzará sen licenzas". PC World (en inglés). 10 de maio de 2011. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "Presentamos Google Play: todo o teu entretenimiento, onde sexa que vayas". Google Blog (en inglés). 6 de marzo de 2012. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "Tenda de Blackberry" (en español). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "Tenda de Microsoft". Microsoft (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "Watchdog de malware: isto é o que fai Google para mantener os dispositivos Android sen infectar". Digital Trends (en inglés). 19 de abril de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "Google melloró a seguridade do Play Store na versión 7.0.16". Descargarvip (en español). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "Troll de patentes loco demandando a desenvolvedores para publicar aplicacións en Google Play". TechnoBuffalo (en inglés). 7 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Google Play no Twitter
- Google Play no YouTube