Gomphus graslinii
Gomphus graslinii[3] é unha especie de odonato anisóptero que pertence á familia Gomphidae.
Gomphus graslinii | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
En perigo[1][2] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Gomphus graslinii Rambur, 1842 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Características
editarTeñen os ollos moi separados, carácter que comparten cos Petaluridae e cos zigópteros. Os adultos miden usualmente de 4 a 7 cm de lonxitude. Vive en regatos, ríos, arroios ou lagos en estado próximo ó natural. É un gónfido carácterizado polas súas amplas liñas negras nas áreas antehumeral e humeral do tórax, as súas patas son maioritariamente negras, salvo as coxas que son amarelas e os fémures con raias amarelas.
Distribución
editarA área de distribución desta especie só comprende unha parte da Península Ibérica e parte do sur e suroeste de Francia. En Francia, as poboacións áchanse claramente en regresión no oeste, sendo estables na zona do suroeste, ó oeste do río Rodano.
Na Península Ibérica habita en Portugal, agás na parte central do país, e en España no suroeste de Galicia, suroeste de Castela e León e sur e suroeste de Andalucía.
Hábitat
editarAínda que se trata dunha especie de augas correntes, parece ser máis común nas zonas de remanso, como ocorre con Macromia splendens, especie coa que adoita compartir o hábitat. En Francia voan dende mediados de xuño a mediados de agosto. Os espécimes ibéricos entre primeiros de xuño e mediados de xullo.
Notas
editar- ↑ Boudot, J.-P. 2009.Gomphus graslinii. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2010.4. <www.iucnredlist.org>. Descargado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ En España: En perigo de extinción.
- ↑ Gomphus graslinii (Gomphus graslinii). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gomphus graslinii |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gomphus graslinii |