A Goldene Kamera (Cámara de Ouro) é un premio anual da televisión alemá, ofrecido pola revista de televisión HÖRZU. A figura dourada é do artista berlinés Wolfram Beck, mide 25 cm de alto e pesa arredor de 900 g.

The Goldene Kamera

A categoría de novo mellor actor ou actriz denomínase Lilli-Palmer-und-Curd-Jürgens-Gedächtniskamera (Cámara Memorial de Lilli Palmer e Curd Jürgens).

Empezouse a dar en 1965 só para cousas da televisión alemá. Desde 1987, tamén se premian traballos de fóra.

O show de entrega da Cámara de Ouro (Verleihung der Goldenen Kamera) normalmente celébrase a primeiros de febreiro, en Berlín, aínda que tamén se ten celebrado en Hamburg cinco veces, e outra en Dortmund.

Véxase tamén editar