Godofredo VI de Anjou
Godofredo VI Plantagenet, nado en Rouen o 1 de xuño de 1134 e finado en Nantes o 27 de xullo de 1158, foi conde de Anjou, do Maine e de Nantes de 1156 a 1158, fillo de Godofredo V Plantagenet e Matilda de Inglaterra (emperatriz Matilda).
Godofredo VI de Anjou | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1134 |
Lugar de nacemento | Ruán |
Falecemento | 27 de xullo de 1158 |
Lugar de falecemento | Nantes |
Soterrado | Nantes |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Godofredo V de Anjou |
Nai | Matilde de Inglaterra |
Irmáns | Hamelin de Warenne, Earl of Surrey, Guillaume FitzEmperesse e Henrique II de Inglaterra |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
No seu testamento, Godofredo V Plantagenet (m. 1151) estipulara que o seu segundo fillo, Godofredo, sería conde de Anjou e Maine se o seu fillo máis vello Henrique fose rei de Inglaterra. Mentres agardaba, recibiu os feudos dos castelos de Chinon, Loudun e Mirebeau, e Henrique foi conde de Anjou e Maine. En 1154 Henrique converteuse en rei de Inglaterra, e parece que vai obedecer o testamento paterno pero, pola contra, xa que casara con Leonor de Aquitania e os condados de Anjou e Maine partan en dúas as sas posesións: dunha parte ao sur o ducado de Aquitania co condado de Poitiers, e doutra ao norte, o ducado de Normandía (e Inglaterra ao outro lado da canle). En 1156 Henrique cedeu os condados ao seu irmán e no mesmo ano os de Naoned expulsaron ao conde Hoel III da Bretaña e aclamárono como conde. O condado de Nantes incorporouse entón a Anjou (situación que persistiu ata a morte de Henrique II en 1189).
Godofredo VI morreu en Nantes o 27 de xullo de 1158 sen casar nin ter fillos. O seu irmán Henrique II, que se consideraba o seu herdeiro, recuperou o condado de Anjou (co condado anexo de Nantes) e o do Maine.