Gobelete

Vaso de madeira, metal, coiro ou plástico utilizado en certos xogos, como o parchís ou os dados

Un gobelete[1] é un vaso pequeno de metal, plástico ou outro material, máis ancho na súa boca que na súa base, que serve para diversos propósitos:

  • En repostaría, o gobelete emprégase dende antigo como molde para realizar pasteis e xelatinas.
  • O uso máis común do gobelete dáse en xogos de mans e de mesa, utilizado para axitar os dados e guindalos sobre o taboleiro para comezar a xogada. Deste xeito se emprega para o parchís, a oca e outros xogos de mesa nos que hai que mover as fichas segundo a puntuación obtida polos dados.
  • Antigamente, o gobelete era un medio de administrar substancias medicamentosas. Pódense citar os seguintes remedios:
    • gobelete de cuasia. Gobelete feito con madeira da cuasia amarga no cal se botaba a cantidade precisa de viño e, ao cabo dalgunhas horas, disolvíase unha parte dos principios deste pau.
    • gobelete de tamarindo. Gobelete feito con madeira de tamarindo e que producía os mesmos efectos que a polpa aínda que en menor medida.
    • gobelete emético. Gobelete metálico en cuxa composición entraba o antimonio e comunicaba as súas propiedades eméticas aos líquidos que permanecían algún tempo contidos en devandito vaso.
Gobelete para xogos de mesa.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gobelete.