Goal! Goal! Goal!

videoxogo

Goal! Goal! Goal! é un videoxogo de fútbol desenvolvido por Visco e editado por SNK en 1995 para Neo-Geo MVS.[1][2][3]

Goal! Goal! Goal!
Desenvolvedor(es)Visco Corporation
Distribuidora(s)SNK
Director(es)Don Gabacyo
Produtor(es)Tetsuo Akiyama
Deseñador(es)T. Matsu
H. Hawatari
Y. Nishino
Y. Kudou
H. Maehara
Chodori
S. Soeda
Hamigaki.Maru
J. Nakazawa
E-Ayasu
Programador(es)N. Yamaguchi
PHA
M. Taniguchi
GOGO
Compositor(es)ACT Japan
Resolución320 x 224
Lanzamento1995
XéneroFútbol
Modos de xogoUn xogador / Multixogador
Plataforma(s)Neo-Geo MVS
Formato(s)Cartucho
Controis1 joystick de oito direccións + 3 botóns de acción
Lingua/sInglés
editar datos en Wikidata ]

Desenvolvemento da partida editar

O xogo representa un mundial de fútbol simplificado, que consiste en eliminar a sete seleccións para acadar a vitoria final. Os tres primeiros son anunciados simulando unha etapa de grupos previa ás eliminatorias. Os outros catro, como parte desa eliminatoria. Nesa segunda etapa amósanse todas as seleccións clasificadas e vase descubrindo cales avanzan e cales van quedando polo camiño.

Cada encontro dura dous minutos, deténdose o tempo cada vez que o balón non está en xogo, á contra das regras oficiais deste deporte. Cando o reloxo chega a cero, haberá doce segundos extra non amosados en pantalla, a modo de tempo de desconto.

Como ocorre en moitos xogos de fútbol que non son simuladores, ao empatar haberá que continuar cun crédito adicional, para entón decidir se se repite o partido ou se opta por unha quenda de penaltis.

Equipos editar

O xogo presenta a vinte e oito seleccións nacionais, que posúen tres características que as diferencian entre elas e que son amosadas á hora de elixir cada unha: Disparo, Defensa e Velocidade. Os países representados coas súas bandeiras son, por orde de posición na pantalla de selección:

América* México Colombia Bolivia Holanda Bélxica Irlanda
España Marrocos Brasil Arxentina Alemaña Suíza Nixeria
Italia Camerún Noruega Suecia Bulgaria Romanía Grecia
Arabia Saudita Rusia Corea* Xapón Francia Inglaterra Uruguai
  • América fai referencia aos Estados Unidos de América, mentres que Corea, a Corea do Sur.

Formacións editar

Dispóñense seis tipos de formacións para elixir, non poidendo ser cambiada a escollida ao longo da partida. Aparecen do seguinte xeito en pantalla:

4-4-2 3-4-3
4-2-4 5-3-2
4-3-3 3-5-2

Controis editar

O xogo manéxase coa adoitada panca ou control de oito direccións, para dirixir aos futbolistas do noso equipo (o control do porteiro é automático, salvo nos penaltis) e con tres botóns de acción, que realizan as seguintes funcións:

  • Botón A (co balón): Fai as funcións de tiro a porta ou despexe. Se se mantén premido, aparecerá unha barra indicadora fluctuante na parte superior da pantalla, que representa a forza coa que se executará o disparo no intre de soltar o botón. Para o porteiro co balón, serviralle para despexalo. Tamén é o botón para disparar en tiros de penal. Serve ademais para sacar de falta (tiro libre), banda o esquina, onde estará presente tamén a barra de carga.

Cando o xogador recibe un pase alto, este botón serve para rematar a porta de xeito potente e chamativo (patadas estilizadas, chilenas...).

  • Botón A (sen o balón): Realizará unha entrada ao futbolista rival se estes se atopan preto, para intentar facerse co balón. Esta entrada moi rara vez é motivo de penalización, pero pode ser evitada cun movemento de tacón ou de xeito automático por un equipo con alto valor no atributo Defensa. Este botón tamén lle serve ao porteiro para lanzarse na dirección desexada durante os penaltis en contra.
  • Botón B (co balón): Fai as funcións de pase. Mandará o balón ao compañeiro que se atope máis próximo, dependendo de cara a onde estea mirando o xogador que vai realizar o pase. De non haber ninguén, o pase realizarase igualmente, pero de xeito imprevisible. Ao igual que o botón A, o botón B serve para que o porteiro despexe e para sacar de falta, banda ou esquina.

Cando o xogador recibe un pase alto, este botón serve para golpear o balón coa cabeza. Xa sexa para realizar pases combinados ou para rematar a porta.

  • Botón B (sen o balón): Realiza unha carga contra o futbolista que leva o balón se ambos están preto dabondo, ao igual que a entrada co botón A. A diferenza de esoutra, esta non pode ser detida se se executa con éxito, ademais de deixar ao outro xogador tumbado un anaco. Por iso, a frecuencia coa que este tipo de ataque é motivo de penalización, é maior.
  • Botóns A + B (co balón soamente): Realiza un movemento de tacón que eleva o balón un intre, mentres recupera automaticamente o seu control. Serve para evitar as entradas do rival (non as cargas) e como manobra de distración. Se se ten habilidade dabondo, pode server como auto pase para rematar a porta.
  • Botón C (co balón soamente): Un disparo frouxo directo, que pode facer as veces de pase ao oco ou server cando cómpra disparar a unha portería moi próxima, para evitar ter que premer e soltar, como ocorre co botón A.
  • Botón D: Non se emprega neste xoego.

Goles especiais editar

Algo moi popular, entre xogadores deste título, é o anuncio en pantalla dunha mensaxe tras un gol acadado de xeito concreto. Son os seguintes:

  1. «Beautiful» (bonito): Un gol dentro da área mediante un remate directo co botón A (chilena, chute lateral).
  2. «Wonderful» (marabilloso): Un gol dentro da área mediante un remate directo co botón B (de cabeza).
  3. «Powerful» (potente): Un gol dentro da área mediante un disparo moi potente, cando a barra de carga está moi chea.
  4. «Supergoal» (súper gol): Un gol dende fóra da área (incluído o gol olímpico).
  5. «Miracle» (milagre): Un gol en tempo de desconto que pon ao equipo por diante no marcador ou en situación de empate.
  6. «Own Goal» (gol propio): Un gol en propia meta.

Notas editar

  1. (en) Goal! Arquivado 21 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
  2. (en) Goal!
  3. (en) Goal!

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar