Gloria Moure
Gloria Moure Cao, nada en Barcelona en 1946, é unha crítica de arte galega.
Gloria Moure | |
---|---|
Nome completo | Gloria Moure Cao |
Nacemento | 1946 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | historiador da arte, crítico de arte e comisaria de arte |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Licenciada en Historia da Arte pola Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Barcelona (1973). Dende 1977 foi comisaria de exposicións de arte contemporánea en diversos museos españois, ata vincularse ao Centro de Arte Reina Sofía en 1994, no que foi responsábel da retrospectiva de Jannis Kounellis e da mostra de Dan Graham e do que é membro do Consello Asesor. Foi directora do Centro Galego de Arte Contemporánea entre 1994 e 1998. Traballou na Fundación Miró, o Museo Raíña Sofía e a Fundación Tàpies. Dende 2006 dirixe os talleres de artistas programados para o Instituto Valenciano de Arte Moderna e a Universidade Politécnica de Valencia.
Obras editar
- Tàpies, objetos del tiempo, 1994.