Globe Life Park in Arlington

Coordenadas: 32°45′05″N 97°04′58″O / 32.751388888889, -97.082777777778

O Globe Life Park in Arlington é un parque de béisbol situado en Arlington, Texas, entre Dallas e Fort Worth. Foi o estadio local dos Texas Rangers da Major League Baseball (MLB) entre 2001 e 2019, así como do Salón da Fama do equipo. Foi construído para subsituír ao Arlington Stadium en 1994, sendo o seu primeiro nome The Ballpark in Arlington. O 7 de maio de 2004, Ameriquest Mortgage adquiriu os dereitos de nome do estadio, bautizándoo como Ameriquest Field in Arlington. En 2007 os Rangers rompen relacións con Ameriquest e mudan o nome a Rangers Ballpark in Arlington. Desde febreiro de 2014, coa adquisición dos dereitos por parte da empresa texana Torchmark Corporation, o estadio recibiu o seu actual nome. En novembro de 2016, os residentes en Arlington aprobaron aumentar os impostos e as taxas de hotel para construír un novo estadio adxacente ao actual, o Globe Life Field, cuxa inauguración foi en 2020.[1]

Globe Life Park in Arlington
Datos
LocalizaciónArlington, Estados Unidos
Nomes antigosThe Ballpark in Arlington (1994–04)
Ameriquest Field in A. (2005–06)
Rangers Ballpark in A. (2007–13)
Construción
Construción2 de abril de 1992
Inauguración1 de abril de 1994
ArquitectoDavid M. Schwarz Architectural Services, Inc.
EnxeñeiroWalter P Moore/Datum
M–E Engineers/Dunn Consulting
Custo$191 millóns (1994)
Estadio
SuperficieLatitude36 Bermuda Grass (natural)
DimensiónsLeft Field Line – 332 ft (101 m)
Left Center – 390 ft (119 m)
Deep Left Center – 404 ft (123 m)
Center Field – 400 ft (122 m)
Deep Right Center – 407 ft (124 m)
Right Center – 377 ft (115 m)
Right Field Line – 325 ft (99 m)
Backstop – 60 ft (18 m)
Dimensións en pés
Dimensións en pés
Capacidade48.114 espectadores
Asist. máxima52.419 (30 de outubro de 2010)
Giants 2−4 Rangers (MLB WS)
PropietarioCidade de Arlington
OperaradoraRangers Baseball Express
LocalíaTexas Rangers (2001–2019)

Notas editar

  1. Baker e Cadwallader (8 de novembro de 2016). "Arlington voters agree to fund new Rangers stadium". Consultado o 5 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar