Gjon Buzuku

Gjon Buzuku, nado en Ljare o 6 de marzo de 1499 e finado en Venezia o 29 de setembro de 1577) foi un bispo católico albanés, autor do documento impreso máis antigo en lingua albanesa, unha tradución do Misal Romano (o "Meshari"), impreso arredor de 1555.

Gjon Buzuku
Bispo da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1499 en Ljare
Pasamento29 de setembro de 1577 en Venecia
Páxina do Meshari.

TraxectoriaEditar

Non se sabe moito de Buzuku. A falta de datos fiables débese ao feito de que existe un único exemplar do Meshari, conservado na Biblioteca Apostólica Vaticana, e ao que lle faltan as primeiras 16 páxinas; isto implica que non sexan coñecidos nin o título nin o lugar e data exactos de publicación. A pouca información que se ten, incluíndo o nome do autor, ven do colofón final que Buzuku, consciente da importancia histórica da súa empresa, escribiu en lingua albanesa. O primeiro en descubrir o Meshari foi o bispo Gjon Kazazi en 1740. A copia mutilada, redescuberta en 1910 polo bispo de rito bizantino Paolo Schirò tiña inicialmente 188 páxinas numeradas.

Crese que Gjon Buzuku naceu na aldea de Ljare, unha pequena localidade do concello de Bar, no actual Montenegro. Pénsase que pertenceu á Orde Franciscana e que foi bispo das dúas dioceses de Albania setentrional. A tradución do Misal Romano dende o latín ao albanés realizouse entre o 20 de marzo de 1554 e o 5 de xaneiro de 1555.