Giovanni Fabriciaco


Giovanni Fabriciaco ou Fabriaco (en latín, Iohannes Fabriciacus ou Fabriacus)[1], nado na antiga Heraclea, hoxe comuna de Eraclea en Venecia, foi un militar do século VIII que gobernou a Venecia bizantina co título de magister militum (c. 741)[2]. Tamén é coñecido como Giovanni Fabriciazio[3] ou Fabriciato[4].

Infotaula de personaGiovanni Fabriciaco
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Heraclea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Magister Militum of Venice (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino
República de Venecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cara a 741, Eutiquio, o exarca de Rávena, a máxima autoridade da Italia bizantina, elixiu a Fabriciaco como sucesor de Gioviano Ipato á fronte do goberno da Lagoa veneciana. Fabriciaco, do mesmo xeito que os seus predecesores, debería gobernar Venecia durante un ano, pero o poder bizantino en Italia diminuía rapidamente e a súa autoridade era cada vez máis débil[7]. Unha revolta popular acabou de forma violenta co seu goberno á vez que puña fin ao período dos magistri militum[5][6]. A revolta fora instigada polo ex-magister militum Teodato e os seus partidarios e foi a el ao que os venecianos designaron como o seu novo líder. Con todo, e do mesmo xeito que ocorrera cara a 727 co seu pai, Orso, Teodato recibiu o título de dux (literalmente «líder» en latín).

Unha vez deposto, Fabriciaco foi cegado, unha forma de tortura común no mundo bizantino e reservada xeralmente para os usurpadores[7]. E tras este suplicio foi enviado ao exilio.

Coa destitución de Fabriciaco acabou o período dos magistri militum. A institución ducal restaurada había perdurar como forma de goberno ata que en 1797 as tropas napoleónicas depuxeron ao último dux de Venecia.

Notas editar

  1. Arnaldi & Pavan 1992, p. 436.
  2. Demus. The Church of San Marco in Venice. History, Architecture, Sculpture. Dumbarton Oaks Studies Six. 
  3. Sandi. Principi di storia civile della Repubblica di Venezia. Dalla sua fondazione sino all'anno di N.S. 1700. Parte primera, vol. 1. Sebastian Coleti. 
  4. Marcozzi. Chioggia. L'XI e la XII isola della Serenissima. Multigrafica Editrice. 
  5. Moran. Comunidad política y religiosa: claves de la cultura jurídica europea. Vol. I. Netbiblo. 
  6. Cenni. "Historia de Venecia". Venecia. Arte e historia. Bonechi. 
  7. Montanelli; Gervaso. Historia de la Edad Media. Ed. Plaza & Janés. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnaldi; Pavan. "Le origini dell'identità lagunare". Storia di Venezia. Vol. I. Istituto della Enciclopedia Italiana. 
  • Hazlitt. History of the Venetian Republic: her rise, her greatness and her civilization. Vol. I. Smith, Elder & Co. 
  • Romanin. Storia documentata di Venezia. Tomo I. Pietro Naratovich tipografo editore. 
  • Rösch. "Deodato". Dizionario Biografico degli Italiani. Vol. 39. Istituto della Enciclopedia Italiana.