Gilberto Gómez

bispo católico galego

Gilberto Gómez González, nado en Albeos o 12 de febreiro de 1953, é un bispo católico galego.

Gilberto Gómez González
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1953 en Albeos
Bispo
Outros
Escudo de Gilberto Gómez González.svg
Escudo de Gilberto Gómez González
Adeamus cum fiducia
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Ordenouse crego católico en 1975 en Tui. Foi vicerreitor e profesor de lingua e literatura española do seminario menor da diocese de Tui-Vigo. Pertence á Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, dependente da Prelatura do Opus Dei,[1] en 1986 marcha como misioneiro á diocese de Abancay da que é responsable esta organización, en Perú, onde ocupa os cargos de crego dunha parroquia e de reitor do seminario menor, e despois como reitor do seminario maior de Abancay[2]. En 2001 é nomeado bispo auxiliar da diocese de Abancay, no Perú.

Ademais da súa actividade pastoral, monseñor Gómez é un gran amante da literatura, sobre todo teatro e poesía, e ten publicado poemarios de temática relixiosa.

Obra poéticaEditar

  • Gómez González, Gilberto (2005). Via Lucis. Fundación Fernando Rielo. ISBN 8486942640. 

NotasEditar