Giant Manufacturing Co. Ltd. (捷安特), coñecida habitualmente polo seu nome de marca Giant, é unha empresa taiwanesa de bicicletas, situada entre as maiores do mundo por produción.

Giant Manufacturing Co. Ltd.

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1972
LocalizaciónTachia (Taiwán)
Persoas claveKing Liu (fundador e presidente)
IndustriaBicicletas
ProdutosBiciletas e compoñentes
Beneficio820 millóns de $ (2007)
Na rede
https://www.giant-bicycles.com/
Facebook: giantbicycles Twitter: ridegiantbikes Instagram: giantbicycles Youtube: UCnNIQ8u0OMlU3k33nvZ13pA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Logotipo de Giant nunha bicicleta

Historia editar

Fundada en 1972 en Tachia (Taichung), Giant comezou deseñando e fabricando pezas de bicicletas para o mercado local da illa (sobre todo para Schwinn e Nishiki. En menos dunha década (1980), consegue ser o maior fabricante do seu país e a partir de 1981 muda a súa estratexia: primeiro pasa a vender as súas propias bicicletas baixo unha marca de seu (Giant) e logo en 1986 comeza a exportar vendendo no estranxeiro (o primeiro mercado foron os Países Baixos. Nos seguintes anos prosegue a súa expansión e consegue distribución nos Estados Unidos (1987), o Xapón (1989), o Canadá e Australia (1991), e a China (1992). En 1996 dá un paso máis na súa expansión e abre factoría de produción propia nos Países Baixos, á que lle seguiría ao ano seguinte a factoría da China.

En 1994 saíu á bolsa, cotizando no mercado de valores de Taiwán.

Mercado e números actuais editar

O 70% das vendas de Giant (2007) baséase na venda de produtos propios, mentres que o 30% é deseño e produción para outras marcas. Nos produtos propios cobre todo o espectro do mercado de bicicletas: montaña, cidade, comepetición, encartables, eléctricas, estáticas etc. Distribúe produtos a máis de cincuenta países (10.502 tendas en xuño de 2007[1]), e en 25 ten sede e está establecido como compañía[2].

Mentres que en 2000 producía 2,5 millóns de bicicletas ao ano[3], en 2007 as dúas vendas superaban xa os cinco millóns de bicicletas anuais, e obtivo un beneficio global de 820 millóns de dólares. Dobrar a produción foi posible sobre todo grazas á súa entrada no mercado chinés, cunha factoría que se dedica á produción de bicicletas no treito barato, mentres que o treito caro, onde se concentra a innovación, se produce entre Taiwán, Europa e América[1].

Esponsorización editar

Giant esponsoriza dous equipos de ciclismo de nivel internacional, o Global Giant, de montaña, e o Rabobank[4], de ciclismo en estrada. Tamén patrocina diversos equipos nacionais.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 World's Foremost Bicycle Maker Aims to "Inspire Adventure Arquivado 26 de marzo de 2009 en Wayback Machine., China Economic News Service, 12.7.2007, consultado o 24.9.2009
  2. Web da empresa, consultado o 24.9.2009
  3. Entrevista a King Liu, Financial Times, 24.9.1997, páx. 16
  4. Rabobank team to ride Giant bicycles for the 2009 season, Velonews.com, 26.8.2008, consultado o 24.9.2009

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar