Gervasio González Rodríguez

sindicalista e político galego

Gervasio González Rodríguez, nado na Fraga (Soutordei, Ribas de Sil) en 1883 e finado en Fornelas (A Pobra do Brollón) o 7 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaGervasio González Rodríguez
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor em Wikidata
A Fraga, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Fornelas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba e despois a Nova York. Cos aforros regresou a Ribas de Sil e construíu unha casa en Pumares. Veciño de San Clodio, estaba vinculado á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e encarcerado no Depósito de Quiroga o 4 de setembro. O día 6 un grupo de falanxistas sacouno do Depósito e asasinouno ao día seguinte no quilómetro 50 da estrada de Nadelas a Campos de Vila en Fornelas. Foi soterado no cemiterio de Fornelas con Ildefonso Fernández. En agosto de 2008 a ARMH iniciou a busca dos seus restos no cemiterio de Fornelas[1], mais non puideron ser localizados.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar