Germán Parreño
Germán Parreño Boix, coñecido simplemente como Germán, nado en Elx o 16 de febreiro de 1993, é un futbolista español que xoga como porteiro no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Germán | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Germán Parreño Boix | ||
Nacemento | 16 de febreiro de 1993 | ||
Lugar de nacemento | Elx | ||
Altura | 1,89 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 13 | ||
Carreira xuvenil | |||
–2007 | Elche | ||
2007–2012 | Espanyol | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2013 | Espanyol B | 34 | (0) |
2012–2016 | Espanyol | 1 | (0) |
2015 | → Racing de Santander | 7 | (0) |
2015–2016 | → Girona | 0 | (0) |
2016–2017 | Elche | 2 | (0) |
2017–2019 | UCAM Murcia | 47 | (0) |
2019–2023 | Ibiza | 77 | (0) |
2023– | Deportivo da Coruña | 31 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarFormouse nas canteiras do Elche e do Espanyol e na tempada 2012/13 debutou co Espanyol B na Segunda División B. Foi o gardameta titular na maioría de partidos da campaña e ao remate da competición foi subido ao primeiro equipo.[1] O 8 de decembro de 2013 debutou co primeiro equipo nos oitavos de final da Copa do Rei diante do Real Jaén.[2]
O 6 de abril de 2014 disputou o seu único partido na Primeira División, substituíndo ao sancionado Kiko Casilla nunha derrota por 4-1 ante o Sevilla.[3] En xaneiro do ano seguinte foi cedido ao Racing de Santander ata xuño.[4] Para a tempada 2015/16 foi cedido ao Girona, tamén de Segunda, onde foi suplente de Isaac Becerra, chegando a xogar só un partido de Copa do Rei.
No verán de 2016 desvencellouse do Espanyol e regresou ao seu primeiro club, o Elche, co que só disputou catro partidos, sendo Juan Carlos o gardameta titular.[5] Na seguinte campaña baixou unha categoría para xogar co UCAM Murcia na Segunda División B.[6] Alí recuperou a titularidade ata que en decembro sufriu unha lesión de menisco que o afastou dos terreos de xogo durante meses. Na tempada 2018/19 foi o gardameta máis utilizado polo técnico Pedro Munitis, e pechou o seu paso por Murcia cun total de 49 encontros oficiais.
En 2019 fichou polo Ibiza, da mesma categoría, no que xogou durante os seguintes catro anos, logrando no segundo deles o ascenso á Segunda División.[7]
En xullo de 2023 foi anunciado como novo porteiro do Deportivo da Coruña na Primeira Federación.[8] Aínda que xerou algunhas dúbidas no inicio da tempada, acabou gañando seguridade e converteuse nun titular indiscutible para o adestrador Imanol Idiakez.[9] As súas boas actuacións contribuíron ao éxito global do equipo, que se proclamou campión absoluto da categoría e ascendeu á Segunda División.[9]
Palmarés
editar- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Notas
editar- ↑ "Germán Parreño renueva por el Espanyol hasta 2017". As (en castelán). 26 de agosto de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "Stuani sofoca el incendio". Marca (en castelán). 6 de decembro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "Conjura de Champions". Marca (en castelán). 5 de abril de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "Germán, cedido al Racing de Santander" (en castelán). 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "Germán, refuerzo para la portería franjiverde" (en castelán). 6 de agosto de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "El UCAM Murcia ficha a Germán Parreño para apuntalar la portería". Marca (en castelán). 3 de xullo de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "Parreño, nuevo portero del Ibiza" (en castelán). 26 de xuño de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "Germán, novo xogador do Dépor 2023-24". 1 de xullo de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ 9,0 9,1 "Germán Parreño, el guardián de un Deportivo que acumula récords" (en castelán). 6 de xuño de 2024. Consultado o 22 de agosto de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Germán Parreño en BDFutbol (en castelán)