Gerardo Castro Montoya

impresor e xornalista español

Gerardo Castro Montoya, finado en Lugo o 21 de maio de 1928[1], foi un impresor e xornalista galego.

Gerardo Castro Montoya
Falecemento21 de maio de 1928
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónimpresor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Tipógrafo que chegou a Lugo a finais do século XIX para facerse cargo da Imprenta Católica. Foi director de El Heraldo (1892-1893) e en 1894 mercoulle a Manuel Soto Freire a imprenta de El Lucense e pasou a ser o novo director do periódico; dirixiu despois La Razón (1912-1914). Imprimiu O Gaiteiro de Lugo e obras de Ramón Salgado Toimil e Miguel García Teijeiro.

Vida persoalEditar

Casou con Juana Lamas Neira e o seu fillo Gerardo Castro Lamas sucedeuno na imprenta.

NotasEditar

  1. El Regional, 22-5-1928, p. 3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar