Georg Baselitz

artista alemán

Georg Baselitz, nado o 23 de xaneiro de 1938, é un pintor, escultor e artista gráfico alemán. Membro do movemento neoexpresionista, xunto con pintores como Anselm Kiefer e A. R. Penck, na década de 1960 deuse a coñecer a través das súas pinturas figurativas. En 1969, comezou a pintar os seus temas e personaxes ao revés, nun esforzo por superar a natureza representativa e orientada ao contido das súas obras anteriores e salientar o artificio da pintura. Baselitz, baseándose en numerosas influencias, incluíndo a arte da ilustración soviética, o período manierista e a arte africana, desenvolveu a súa propia linguaxe artística.[1]

Infotaula de personaGeorg Baselitz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Hans-Georg Kern Editar o valor em Wikidata
23 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Kamenz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesHans-Georg Kern
Baselitz, Hans-Georg Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemán
Actividade
Lugar de traballo Berlín
Inning (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , profesor universitario , ilustrador , gravador , escultor , escenógrafo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade das Artes de Berlim (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNeo-expressionism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosChristian Awe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteWhite Cube (en) Traducir, Skarstedt Gallery (en) Traducir, Gagosian Gallery (en) Traducir e Galerie Thaddaeus Ropac (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
24 de xuño de 1977Documenta 6
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm2403886 Allocine: 186894 Allmovie: p560850
Musicbrainz: 2079a17f-f3cc-4b5e-b4ee-6f11e813daf5 Discogs: 822853 Editar o valor em Wikidata

O pintor naceu como Hans-Georg Kern en Deutschbaselitz, Alta Lusacia. Baselitz creceu no medio do sufrimento e da destrución da Segunda guerra mundial, e o concepto de destrución xoga un papel importante na súa obra. Estas circunstancias biográficas son aspectos recorrentes de toda a súa obra. Neste contexto, o artista afirmou nunha entrevista: “Nacín nunha orde destruída, unha paisaxe destruída, un pobo destruído, unha sociedade destruída. E non quería restablecer a orde: xa vira abondo. Obrigáronme a cuestionar todo, a ser "inxenuo", a comezar de novo".[2] Ao interromper calquera orde dada e romper as convencións comúns de percepción, Baselitz converteu as súas circunstancias persoais en principios artísticos reitores. A día de hoxe, aínda invierte todas as súas pinturas, que se converteu nunha característica única e máis rechamante da súa obra.

Notas editar

  1. Georg Baselitz, Skarstedft (Inglês)
  2. "Goth to Dance: Donald Kuspit Talks with Georg Baselitz", entrevista ao pintor, Artforum 33, no. 10 (Verán de 1995), p. 76 (Inglês)