Geo-IK-2, tamén coñecidos como Musson-2 (índice GRAU 14F31), é unha serie de satélites xeodésicos rusos sucesores dos satélites Geo-IK.[1][2]

Características

editar

A misión dos satélites Geo-IK-2 é recoller datos para mellorar as análises en xeodesia. O corpo do satélite é un cilindro presurizado de 1,3 m de diámetro e 1,3 m de altura que contén a electrónica e soporta a antena de alta ganancia e os paneis solares. Para facer as medicións habitualmente hai dous satélites en órbita, a unha altura de 1000 km. Os satélites teñen unha masa de 1400 kg e son lanzados mediante foguetes Rokot KM, co primeiro sendo lanzado o 1 de febreiro de 2011 e fallando por problemas co seu foguete portador.[1][2]

Instrumentos

editar

Os Geo-IK-2 dispoñen de tres instrumentos:[1][2]

  • O radar altímetro SADKO, construído por Thales Alenia.
  • Reflectores láser na superficie do satélite para medir a distancia cara ao satélite desde terra.
  • Receptores Glonass e GPS.

Historial de lanzamentos

editar
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Geo-IK-2 1 (Musson-2 1, Kosmos 2470) 1 de febreiro de 2011 Rokot KM Fallo do foguete lanzador.
Geo-IK-2 2 (Musson-2 2, Kosmos 2517) 4 de xullo de 2016 Rokot KM Éxito
Geo-IK-2 3 (Musson-2 3, Kosmos 2540) 30 de agosto de 2019 Rokot KM Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Geo-IK-2" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Geo-IK-2 (Musson-2, 14F31)" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar