Genaro Borrás
médico español
Genaro Borrás Sanjurjo, nado en Vigo o 26 de decembro de 1945 e finado na mesma cidade o 15 de maio de 2008[1], foi un médico galego.
Genaro Borrás | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1945 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 15 de maio de 2008 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | médico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciado en medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en traumatoloxía e cirurxía ortopédica na Universidade Complutense de Madrid, pero foi coñecido fundamentalmente pola súa dedicación á medicina deportiva. En 1980 converteuse en médico do Celta de Vigo e en 1991 en médico da selección española de fútbol. Coa selección participou nos Xogos de Barcelona, así como en varios mundiais e eurocopas. Deixou o seu posto no club vigués en 2005.
Foi o fundador da Asociación Española de Médicos de Fútbol. Morreu por mor dun cancro.
Notas Editar
- ↑ "Fallece Genaro Borrás, médico de la selección", artigo en Marca, 15 de maio de 2008