Abrir o menú principal

Garza branca

(Redirixido desde "Garzota grande")
Garza branca
Adulto
Adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pelecaniformes
Familia: Ardeidae
Xénero: Ardea
Especie: A. alba
Nome binomial
'Ardea alba'
Linnaeus, 1758
Distribución da Garza Branca

Distribución da Garza Branca
Sinonimia

Casmerodius albus
Egretta alba

Ardea alba melanorhynchos

A garza branca (Egretta alba, Ardea alba ou Casmerodius albus) é unha garza presente en moitas das zonas de clima tropical e temperado do mundo.

DescriciónEditar

A garza branca é unha garza de tamaño grande co peteiro amarelo e patas e pés gris escuros. Mide entre 85 e 100 cm de lonxitude, e ten unha envergadura de alas que vai de 145 a 170 cm, pesa ata 1,5 kg. En xeral, os machos son algo meirandes cás femias. O bico é longo e dereito. A cola curta. A plumaxe é uniformemente branca. Voan, coma tódalas garzas, co pescozo encollido, o que as diferencia das cegoñas e as grúas.

Distribución e hábitatEditar

E a garza de distribución máis ampla. vive no continente americano ata ó sur de Canadá, no sur e centro de Europa en África e no Oriente Medio. É unha especie parcialmente migratoria: os exemplares do hemisferio norte viaxan cara ó sur nos invernos máis fríos. Habita en canavais preto de lagos, ríos e pantanos, nos que haxa tamén árbores e arbustos. Fóra da época de cría, atópase a gusto en zonas de chaira.

AlimentaciónEditar

Come insectos, anfibios, peixes e ratos e mamíferos pequenos.

ReproduciónEditar

Forman colonias de cría. Constrúen niños moi grandes de garabullos nas árbores. Poñen, entre abril e xuño, tres ou catro ovos.

StatusEditar

É unha especie en certa expansión, aínda que está en perigo nalgunhas áreas da súa distribución, como Nova Zelandia. En Australia é unha especie protexida. En Norteamérica foron cazadas en grandes cantidades a finais do século XIX para usa-las súas plumas na decoración de sombreiros, pero as súas poboacións aumentaron grazas ás medidas de protección. A destrución do seu hábitat é a ameaza máis grande para a súa supervivencia. Esta incluída no AEWA (Acordo para a conservación das aves acuáticas de África e Eurasia).

TaxonomíaEditar

Segundo os autores o nome científico desta especie é Egretta alba, Ardea alba ou Casmerodius albus. Ten catro subespecies distribuídas por diferentes partes do mundo:

Galería de imaxesEditar

NotasEditar