Ganache
A ganache[1] é unha elaboración empregada na repostaría como glaseado, cobertura, salsa ou recheo. Faise basicamente a partir de nata e chocolate.[2]
Normalmente prepárase amornando a partes iguais a crema do leite e o chocolate. A mestura bátese e sóbese até o punto desexado, e se poden engadir licores e extractos desexados. Adoitase engadir manteiga, para producir unha aparencia máis brillante. Unha xaropada tamén lle dá unha cor brillante.
Historia
editarGanache ou crème ganache foi orixinalmente un tipo de trufa de chocolate introducida polo pasteleiro parisiense Maison Siraudin sobre 1862 e documentado por primeira vez en 1869.[3]
Galería
editar-
Ganache sendo botada
-
Doce cuberto de ganache
-
Pastel cuberto con ganache
-
Vídeo de facer ganache
Notas
editar- ↑ VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Rombauer, Irma S.; Marion Rombauer Becker; Ethan Becker (2006). Joy of Cooking. New York: Scribner. p. 795. ISBN 0-7432-4626-8.
- ↑ 'Jeanne', "Correspondance: Jeanne à Florence", Journal des Demoiselles 37:27 (1869)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ganache |