Game of Thrones (tempada 2)

A segunda tempada de serie de televisión Game of Thrones estreouse nos Estados Unidos a través da canle HBO o 1 de abril de 2012, e concluíu o 3 de xuño de 2012. Ó igual que a primeira tempada, componse de dez episodios. Baséase en A Clash of Kings, o segundo libro da saga A Song of Ice and Fire creada por George R. R. Martin, da cal a serie é unha adaptación.

Segunda tempada de Game of Thrones
Tempada de Game of Thrones
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios10
Emisión
Canle orixinalHBO
Emisión orixinal1 de abril do 2012- 3 de xuño de 2012
Cronoloxía
Game of Thrones (tempada 1) Segunda tempada de Game of Thrones Game of Thrones (tempada 3)

Personaxes editar

 
Peter Dinklage
(Tyrion Lannister)
 
Richard Madden
(Robb Stark)
 
Alfie Allen
(Theon Greyjoy)
 
Lena Headey
(Cersei Lannister)
 
Aidan Gillen
(Petyr Baelish)

Elenco principal editar

Protagonistas
Tamén protagonizan

Elenco convidado editar

Norte do Muro
  • Rose Leslie como Ygritte (4 episodios)
  • Robert Pugh como Craster (3 episodios)
  • Simon Armstrong como Qhorin Halfhand (4 episodios)
  • Hannah Murray como Gilly (3 episodios)
  • Mark Stanley como Grenn (5 episodios)
  • Ben Crompton como "Dolorous" Edd Tollett (5 episodios)
  • Edward Dogliani como the Lord o'Bones (2 episodios)
No norte
Illas do Ferro;
No sur
  • Gethin Anthony como Lord Renly Baratheon (3 episodios)
  • Gwendoline Christie como Brienne Tarth (7 episodios)
  • Finn Jones como Ser Loras Tyrell (5 episodios)
  • Kerr Logan como Matthos Seaworth (4 episodios)
  • Fintan McKeown como Ser Amory Lorch (4 episodios)
  • Ian Gelder como Ser Kevan Lannister (1 episodio)
  • Ian Whyte como Ser Gregor Clegane (3 episodios)
  • Lucian Msamati como Salladhor Saan (1 episodio)
En Desembarco do Rei
  • Julian Glover como Gran Mestre Pycelle (5 episodios)
  • Roy Dotrice como Wisdom Hallyne (2 episodios)
  • Dominic Carter como Janos Slynt (2 episodios)
  • Eugene Simon como Lancel Lannister (3 episodios)
  • Esmé Bianco como Ros (5 episodios)
  • Ian Beattie como Ser Meryn Trant (3 episodios)
  • Wilko Johnson como Ser Ilyn Payne (1 episodios)
  • Daniel Portman como Podrick Payne (3 episodios)
  • Tony Way como Ser Dontos Hollard (3 episodios)
  • Aimee Richardson como Princesa Myrcella Baratheon (4 episodios)
  • Callum Wharry como Príncipe Tommen Baratheon (4 episodios)
Alén do Mar Angosto
Campamento dos Stark;
Viaxando cara ao Muro;
  • Joe Dempsie como Gendry (7 episodios)
  • Tom Wlaschiha como Jaqen H'Ghar (6 episodios)
  • Francis Magee como Yoren (3 episodios)
  • Ben Hawkey como Hot Pie (7 episodios)
  • Eros Vlahos como Lommy Greenhands (3 episodios)
  • Andy Beckwith como Rorge (3 episodios)
  • Gerard Jordan como Biter (3 episodios)

Episodios editar

Artigo principal: Game of Thrones (tempada 2).
N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título orixinal
Título en galego
Director(es) Guionista(s) Data da estrea Audiencia en EE. UU. (millóns)
111 "The North Remembers"
«O Norte non esquece»
Alan TaylorDavid Benioff e D. B. Weiss1 de abril de 20123.858[1]

Robb continúa a súa guerra contra os Lannister e o seu irmán Bran, quen goberna Winterfell na súa ausencia, comeza a ter soños nos que é un lobo. Tyrion chega a King's Landing para axudar ó rei Joffrey coma a súa Man. Stannis alíase coa sacerdotisa Melisandre e reclama o trono do seu finado irmán Robert. Daenerys e o seu khalasar recorren o deserto. Jon e os seus irmáns xuramentados chegan ó Torreón de Craster para pescudar por que os salvaxes están a abandonar as súas aldeas. 

122 "The Night Lands"
«As terras da noite»
Alan TaylorDavid Benioff e D. B. Weiss8 de abril de 20123.759[2]

Tyrion acusa a Cersei de terse gañado a antipatía dos seus súbditos e desterra ó Muro a Janos Slynt, comandante da garda de King's Landing, quen seguía as ordes da raíña. Arya revélalle a Gendry a súa verdadeira identidade. Theon regresa a Pyke e descobre os plans do seu pai para proclamarse Rei das Illas do Ferro. Davos recruta ó pirata Salladhor Saan para a causa de Stannis. Sam intenta axudar a Gilly, unha das esposas e fillas de Craster. 

133 "What Is Dead May Never Die"
«O que está morto non pode morrer»
Alik SakharovBryan Cogman15 de abril de 20123.766[3]

Tyrion artella varias alianzas matrimoniais. Catelyn Stark vai ó campamento de Renly Baratheon e trata de forxar unha alianza. O mestre Luwin intenta descifrar os soños de Bran. 

144 "Garden of Bones"
«Xardín de ósos»
David PetrarcaVanessa Taylor22 de abril de 20123.654[4]

Joffrey castiga a Sansa polas vitorias do seu irmán Robb e Tyrion manda espiar a Cersei. Catelyn Stark pídelles a Stannis e a Renly que, como irmáns que son, esquezan as súas diferenzas e se unan contra os Lannister. Daenerys e o seu khalasar chegan á cidade de Qarth. Arya chega a Harrenhal

155 "The Ghost of Harrenhal"
«A pantasma de Harrenhal»
David PetrarcaDavid Benioff e D. B. Weiss29 de abril de 20123.903[5]

Renly é asasinado na súa tenda por unha sombra escura en presenza de Catelyn e Brienne de Tarth. Theon dirixe un exército de homes do ferro ata a Costa Pedregosa. Jaqen H'ghar faille unha promesa a Arya. Jon e os seus irmáns xuramentados, que partiron á terra alén do Muro, chegan á fortaleza coñecida como Puño dos Primeiros Homes e intentan deter o avance dos salvaxes. Tyrion descobre unha arma segreda para defender King's Landing. 

166 "The Old Gods and the New"
«Os deuses antigos e novos»
David NutterVanessa Taylor6 de maio de 20123.879[6]

Theon entra en Winterfell declarándose príncipe da rexión. Arya recibe unha sorpresa inesperada e elixe a súa segunda vítima. Jon atopa dificultades ó intentar executar a unha moza salvaxe. Sansa, Tyrion e outros membros da corte despiden á princesa Myrcella e ó regreso son sorprendidos por unha multitude anoxada. Daenerys leva a cabo negociacións erradas cos señores adiñeirados de Qarth e descobre que ten máis inimigos dos que cría. 

177 "A Man Without Honor"
«Un home sen honra»
David NutterDavid Benioff e D. B. Weiss13 de maio de 20123.694[7]

Theon organiza unha partida de caza en busca de Bran e Rickon. Jon recibe varias sorpresas de parte de Ygritte. Tywin Lannister comeza a busca do asasino de Ser Amory Lorch. Daenerys descobre quen roubou os seus dragones. Tyrion presencia un momento de debilidade de Cersei. Jaime Lannister intenta escapar do campamento dos Stark. 

188 "The Prince of Winterfell"
«Un príncipe de Invernalia»
Alan TaylorDavid Benioff e D. B. Weiss20 de maio de 20123.864[8]

Yara Greyjoy chega a Winterfell co obxectivo de facerlle unha proposta a Theon. Jon descobre que Halfhand tamén foi capturado polos salvaxes. Arya traza un plan para escapar de Harrenhal. Daenerys diríxese á Casa dos Eternos. Tyrion prepara o plan de ataque contra Stannis mentres que Cersei se ocupa de manter vivo a Joffrey. 

199 "Blackwater"
«Augasnegras»
Neil MarshallGeorge R. R. Martin27 de maio de 20123.384[9]

Stannis chega coa súa frota á baía da capital. Cersei, en medio do asedio, amosa unha faceta agochada da súa personalidade. Stannis supera as tropas de Joffrey en dez homes a un. Tyrion acurta a desvantaxe empregando lume valyrio. No punto álxido da situación, Tyrion descobre que os homes de Stannis non son os seus únicos inimigos. 

2010 "Valar Morghulis"
«Valar morghulis»
Alan TaylorDavid Benioff e D. B. Weiss3 de xuño de 20124.202[10]

Tyrion esperta e descobre que xa non é a Man do Rei e de que moitas cousas cambiarán a partir de agora. Sansa deixa de ser a prometida de Joffrey. Robb casa a escondidas da súa nai. Winterfell é rodeada polos soldados de Robb e os cabaleiros de Theon traizóano e queiman Winterfell. Rickon, Bran e Osha escapan ó Muro para resgardarse de calquera inimigo. Arya e os demais atópanse con Jaqen H'ghar e entéranse de algo impactante. Daenerys vai en busca dos seus dragóns e a maxia escura amósanlle a Drogo e ó seu bebé, pero prefire encontrar ós seus dragóns. Enfróntase co home de maxia escura quen é queimado polos dragóns. Daenerys aprende unha lección e obtén moita riqueza. Jon Snow "únese" ós salvaxes. O capítulo remata cando Sam queda atrás e se atopa cun enorme exército dos "non-vivos", dirixíndose cara ao sur. 

Notas editar

  1. Bibel, Sara (3 de abril de 2012). "Sunday Cable Ratings: Game of Thrones Returns To Series High; + Khloe & Lamar, The Killing, Mad Men, Army Wives & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 3 de abril de 2012. 
  2. Bibel, Sara (10 de abril de 2012). "Sunday Cable Ratings: Game of Thrones Leads + Atlanta Housewives, Mad Men, Khloe & Lamar, Army Wives, The Client List & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 11 de abril de 2012. 
  3. Kondolojy, Amanda (17 de abril de 2012). "Sunday Cable Ratings: Game of Thrones, + Real Housewives ATL Mad Men, Khloe & Lamar, The Client List & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 26 de abril de 2012. 
  4. Kondolojy, Amanda (24 de abril de 2012). "Sunday Cable Ratings: Game of Thrones, + Real Housewives ATL Mad Men, Veep, The Client List & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de abril de 2012. 
  5. Bibel, Sara (1 de maio de 2012). "Sunday Cable Ratings: Game of Thrones Rises, Ties NBA Playoffs + Real Housewives, The Client List, Army Wives, Mad Men & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 1 de maio de 2012. 
  6. Kondolojy, Amanda (8 de maio de 2012). "Sunday Cable Ratings: NBA Playoffs + Game of Thrones, The Client List, Army Wives, Khloe & Lamar, Mad Men + More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2013. Consultado o 8 de maio de 2012. 
  7. Bibel, Sara (15 de maio de 2012). "Sunday Cable Ratings: Game of Thrones Tops, Real Housewives NJ, The Client List, Khloe & Lamar, Army Wives & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 20 de maio de 2012. 
  8. Kondolojy, Amanda (22 de maio de 2012). "Sunday Cable Ratings: NBA Playoffs, + Game of Thrones, Keeping Up With the Kardashians, Ax Men, The Client List, Sister Wives, + More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 1 de xuño de 2012. 
  9. Bibel, Sara (30 de maio de 2012). "Sunday Cable Ratings: NBA Playoffs Win Night, Game of Thrones, Mad Men, Keeping Up With the Kardashians, Girls, Pawn Stars, & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2016. Consultado o 1 de xuño de 2012. 
  10. Kondolojy, Amanda (5 de xuño de 2012). "Sunday Cable Ratings: NBA Playoffs + Game of Thrones Finale, MTV Movie Awards, Sister Wives, The Glades, Longmire + More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2012.