Galitoon productions é unha empresa galega que realizan personaxes animados que se diferencian doutros bonecos cómicos feitos para algunhas cadeas de televisión. Galitoon está formada por Chisco Casteleiro, Santiago Alonso e Andrea Bayer, e ten como peculiar que eles tres son os creadores de todos as fases do proceso: desde o decorado até a gravación no estudio que teñen no Montouto, pasando tamén pola elaboración do guión.

Proxectos editar

Galitoon están traballando principalmente en Galicia, aínda que as súas creacións tamén se poden ver en Miami. É o caso de Tepam e Pepote que crearon para unha fundación que loita contra o cancro infantil nesta cidade de Florida. Ademais, están creando “Cousiñas” -un proxecto didáctico encargado por Vicepresidencia de Igualdade-, e que se trata dun programa para nenos de 0 a 3 anos que conta con diferentes materiais didácticos como crebacabezas e por unha serie audiovisual. Outro dos proxectos de produción propia é “Castelo da Meiga”, para nenos de 3 a 6 anos.

Á marxe dos seus proxectos de produción propia, están a desenvolver con CTV proxectos de didácticos como “Bosquimonos” e “Homosapiens”. Así mesmo, están dando cursos para ensinar a manipular os bonecos xa que levan unha técnica diferente. Nesta liña, entre os seus proxectos de futuro está o de crear a longo prazo unha escola de monicrequeiros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar