A galeaza (do italiano galeazza, aumentativo de galea (galera) é un tipo de galera grande que se construíu durante os séculos XV a XVII.

Galeaza española do século XVI.

Construción editar

Os venecianos foron os primeiros en construílas; as dimensións tipo dunha galeaza do século XVII podían ser 59 m de eslora, 9 m de manga e 3,35 m de calado, cun puntal de 6,5 m. Tiñan cuberta corrida, polo que os remeiros ían a cuberto, non como nas galeras, nas que ían á intemperie. Podían levar uns 20 canóns e uns 30 pedreiros. Levaban ata 32 remos por banda, e os remos podían chegar a ser de 15 m de longo, o que esixía sete ou oito homes por remo. Eran de proa redonda como as naves. A proporción de eslora a manga era menor que nas galeras, sendo de 6 a 1 e ata de 5 a 1.

Con elas pretendíase ter unha nave con máis artillaría ca as galeras e que soportase mellor a navegación en mar aberto. Eran máis lentas ca as galeras ordinarias e tiñan unhas condicións mariñeiras bastante pobres.

A época de maior utilización foi a segunda metade do século XVI. Algunha destas naves formaron parte da batalla de Lepanto[1] e da Armada Invencible[2].

Notas editar

  1. LA GALEAZA(en castelán)
  2. La Galeaza Arquivado 28 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. Atlas enciclopédico de barcos de guerra (en castelán)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Enciclopedia General del Mar. Ediciones Garriga. Madrid-Barcelona 1957.

Ligazóns externas editar