Gaivota de Delaware

Gaivota de Delaware
Larus-delawarensis-021.jpg
Exemplar adulto

Exemplar xuvenil
Exemplar xuvenil

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: L. delawarensis
Nome binomial
Larus delawarensis
Ord, 1815

A gaivota de Delaware[2] (Larus delawarensis) é unha ave da familia dos láridos.

CaracterísticasEditar

É unha gaivota de tamaño medio, podendo acadar os 50 cm de lonxitude e unha envergadura máxima de 124 cm. A plumaxe é branca, sendo as ás dun gris moi pálido. As patas amarelas. É semellante á gaivota patiamarela diferenciándose pola liña negra que percorre verticalmente o seu peteiro e pola plumaxe moito máis pálida.

DistribuciónEditar

É unha ave que só se pode atopar excepcionalmente no litoral atlántico europeo, e exclusivamente no inverno. Así as citas desta especie son frecuentes en Galicia, especialmente na provincia da Coruña, aínda que o número de exemplares nunca é abondoso[3]. Estes exemplares veñen de norteamericana, onde a especie ten a súa poboación máis importante.

NotasEditar

  1. Butchart, S.; Symes, A. (2012). "Larus delawarensis". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2012: e.T22694317A38869005. Consultado o 1 May 2016. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  3. Anuario Histórico das aves de Galicia. Publicado pola Sociedad Galega de Ornitoloxía, Novembro 2009

 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.