Gabu é a principal cidade do leste de Guinea-Bisau e capital da rexión homónima, a súa poboación estimada para 2010 é de 37.525 habitantes[1], o que a converte na segunda cidade do país despois da capital. Foi o centro do reino de Kaabu ata a súa conquista polo reino de Fouta Djallon en 1867. Gabu ten importancia como centro comercial do leste do país e do comercio con Guinea e o Senegal. Durante a época colonial chamouse Nova Lamego .

Situación de Gabu.

Notas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.