Gabriel Veiga

futbolista galego

Gabriel Veiga Novas, nado no Porriño o 27 de maio de 2002, coñecido coma Gabri Veiga, é un xogador galego que xoga no club saudí Al-Ahli.[1].

Gabri Veiga
Información persoal
Nome Gabriel Veiga Novas
Nacemento 27 de maio de 2002
Lugar de nacemento O Porriño
Altura 1.83
Posición Mediocentro
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Na rede
IMDB: nm15041326 Twitter: gabriveiga10 Instagram: gabriiveiga Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira profesional nos equipos filiais do Celta de Vigo. O 25 de agosto de 2019 debutou co Celta B na Segunda División B nun partido contra o Internacional de Madrid, encontro que rematou en empate. O primeiro gol anotouno o 1 de decembro de 2019 fronte ao Atlético Baleares, nun encontro que rematou con derrota celeste por 1 a 6.

O 19 de setembro de 2020 debutou na Primeira División co primeiro equipo de Celta de Vigo, entrando coma substituto de Renato Tapia nunha vitoria por 2 a 1 fronte ao Valencia CF. O seu primeiro partido coma titular foi o 1 de outubro de 2020 fronte o FC Barcelona, que rematou en derrota por 0 a 3.

A súa axencia de representación é Intermedia Sport Player.

Estatísticas editar

Clubs editar

  Actualizado co derradeiro partido disputado o 21 de maio de 2022 .[2]

Club Div. Tempada Liga Copas nacionais Copas internacionais Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Celta de Vigo "B"
  Galicia
2.ª B 2019-20 14 1 14 1
2020-21 18 0 18 0
1.ª RFEF 2021-22 30 9 30 9
Total club 62 10 0 0 0 0 62 10
R. C. Celta de Vigo
  Galicia
1.ª 2020-21 6 0 0 0 6 0
2021-22 7 0 3 0 10 0
Al-Ahli Saudí F. C.
  Arabia Saudita
1.ª 2023-24 8 1 2 0 10 1
Total club 8 1 2 0 0 0 10 1
Total carreira 120 22 8 0 0 0 128 22

Notas editar

  1. "Gabri Veiga". Transfermarkt. Consultado o 4 de xullo de 2022. 
  2. "Estatísticas de Gabri Veiga". Besoccer. Consultado o 4 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar