Gabriel Barroso

futbolista galego

José Gabriel Barroso Sáinz, nado na Coruña o 25 de setembro de 2002, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Arosa, de Terceira División RFEF.

Gabriel Barroso
Información persoal
Nome José Gabriel Barroso Sáinz
Nacemento 25 de setembro de 2002 (21 anos)
Lugar de nacemento A Coruña, Galicia
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Arosa Sociedad Cultural
Carreira xuvenil
2016-2017 Ural C. F.
2017-2020 Atlético Montañeros
2020-2021 Deportivo da Coruña
2021-2021 Peña Deportiva
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021–2021 Peña Deportiva 5 (2)
2021–2022 Laracha C. F. 33 (9)
2022–2023 Viveiro C. F. 26 (2)
2023– Arosa SC 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 21 de xuño de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Ural C. F. e do Atlético Montañeros, e en 2020 entrou na canteira do Deportivo da Coruña, en categoría xuvenil.[1]

Barroso comezou a tempada 2020-2021 no Deportivo Xuvenil A, equipo que se proclamaría campión de España na final ante o FC Barcelona esa mesma tempada,[2] pero a mediados de tempada decidiu fichar pola Peña Deportiva de Ibiza, onde alternaba entre o xuvenil e o sénior.

Tras o seu paso polas ligas baleares, na tempada 2021-2022 fichou polo Laracha C. F., onde logrou gañar a LXXX Copa da Coruña na final disputada o 18 de xuño no estadio de Riazor.[3][4]

Na tempada 2022-2023 fichou polo Viveiro C. F. e debutou na terceira división, xogando como titular en case todos os partidos do equipo celeste,[5][6] o que lle serviu para chamar a atención do Arosa SC, que anunciou a súa fichaxe para a tempada 2023-2024 o pasado 15 de xuño.[7][8][9][10]

Equipos editar

Tempada Equipo Categoría PX[11] G[11] TA[11] TV[11]
2021-2021   Peña Deportiva Preferente de Ibiza-Formentera 5 2 0 0
2021-2022   Laracha C. F. Preferente 33 9 4 0
2022-2023   Viveiro C. F. 26 2 4 1
2023-   Arosa SC 0 0 0 0

PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Notas editar

  1. Castiñeira, Martín (27 de outubro de 2020). "Un Juvenil A ilusionante". Riazor.org (en castelán). 
  2. "El Dépor se proclama Campeón de España juvenil por segunda vez". RC Deportivo (en castelán). 27 de xuño de 2021. 
  3. Longueira, Toni (17 de xuño de 2022). "El Laracha se alza con la Copa Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 
  4. "El Laracha, campeón en los penaltis en Riazor". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de xuño de 2022. 
  5. Díaz Rolle, Iván (28 de xulio de 2022). "Gabriel Barroso, otra pieza para la reestructuración total del Viveiro". La Voz de Galicia (en castelán). 
  6. Albo, Miguel (5 de xulio de 2022). "El Viveiro presenta a Adrián Casillas, Gabriel Barroso y Jerome-Eros". El Progreso (en castelán). 
  7. Cardalda, Samuel (15 de xuño de 2023). "Gabriel Barroso, segundo fichaje Sub23 del Arosa". Diario do Salnés (en castelán). 
  8. "El Arosa completa el centro del campo". Faro de Vigo (en castelán). 16 de xuño de 2023. 
  9. Sánchez, Gonzalo (16 de xuño de 2023). "El coruñés Barroso llega al Arosa, donde no siguen Sandá, Fajardo y Abel". Diario de Arousa (en castelán). 
  10. "El Arosa se refuerza con juventud y gol". Muchacalidad (en castelán). 16 de xuño de 2023. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "Gabriel Barroso". lapreferente.com. Consultado o 25 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar