Gabbanelli
Compañía estadounidense de acordeóns
Gabbanelli Accordions é unha compañía estadounidense dedicada á produción de acordeóns. Foi fundada en 1961 por Gianfranco Gabbanelli (nome en inglés: John Gabbanelli), un inmigrante italiano nacido en Castelfidardo, Italia.[1] Despois do seu pasamento en 2003,[2] o seu fillo Mike Gabbanelli é o presidente da compañía.[3][4]
Gabbanelli Accordions | |
---|---|
Fundación | 1961 en Houston, Texas, Estados Unidos |
Localización | Houston, Texas, Estados Unidos |
Fundador | Gianfranco "John" Gabbanelli |
Persoas clave | Mike Gabbanelli (Presidente) Elia Gabbanelli (Vicepresidente) |
Industria | Música |
Produtos | acordeóns |
Na rede | |
https://gabbanelli.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten a súa sede actual en Houston, Texas, Estados Unidos, e os acordeóns son feitos en Castelfidardo, Italia pola fábrica International Music Company.[5]
Os acordeóns Gabbanellis son tocados por moitos artistas coñecidos da música norteña e tex-mex, como Ramón Ayala, Calibre 50, Los Tucanes de Tijuana, Intocable, Michael Salgado, Los Huracanes del Norte e moitos máis.[5][6]
Notas
editar- ↑ Digilov, Yan (9 de xaneiro de 2007). "Accordions: A Gabbanelli family tradition". chron.com (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ Paoletti-Kampl, Holda (16 de decembro de 2003). "Italian Accordion Pioneer dies suddenly in Texas - USA". accordions.com (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ Redacción (24 de xaneiro de 2018). "Meet Elia and Michael Gabbanelli of Gabbanelli Accordions". voyagehouston.com (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ Dansby, Andrew (19 de decembro de 2010). "Houston's Mike Gabbanelli creates accordion masterpieces". chron.com (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 "Accordion Musical Instrument By Gabbanelli". accordionhub.com (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ Sheehy, Daniel (25 de outubro de 2016). "The Remarkable Rebirth of the Button Accordion". folklife.si.edu. Consultado o 20 de outubro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabbanelli |