Gromo de raios gamma

(Redirixido desde "GRB")

Os gromos de raios gamma (tamén coñecidos como explosións de raios gamma ou GRB nas súas siglas en inglés) son escintileos de raios gamma asociados con explosións estremadamente enerxéticas en galaxias afastadas. Son os eventos electromagnéticos máis luminosos que ocorren no universo. Os gromos poden durar dende uns nanosegundos até varias horas,[1] pero polo xeral, un gromo típico adoita durar uns poucos segundos. Con frecuencia son seguidos por unha luminescencia residual de longa duración de radiación a lonxitudes de onda maior, (raios X, radiación ultravioleta, luz visible, radiación infravermella e radiofrecuencia).

Luminiscencia visible de GRB 970508 ollada un mes despois da detección do gromo. Cando a fusión non xera a presión de abondo para contrarrestar a gravidade, a estrela colapsa axiña para formar un burato negro. En teoría, a enerxía pode ser liberada durante o colapso na dirección do eixo de rotación para formar un gromo de raios gamma. Os gromos a miúdo son acompañados por outros fenómenos de longa ou curta duración. Un gromo caracterízase pola súa forte luminosidade.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Misión BRG

 
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.