Gravity Gradient Test Satellite 1, tamén coñecido polo seu acrónimo GGTS 1, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos de América lanzado o 16 de xuño de 1966 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.[2][5][6]

GGTS 1 / Gravity Gradient Test Satellite 1
Representación de GGTS 1.
TipoExperimental
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos de América
Data de lanzamento16 de xuño de 1966, 14:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTitan IIIC[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstabilización por gradente gravitatorio.[2][6]
NSSDC ID1966-053A
Masa47,0 kg[2][5][6]
Datos orbitais
Semieixo maior40129 km<ref name=n2yo>
Inclinación4,6º<ref name=n2yo>
Apoapse33.852 km<ref name=n2yo>
Periapse33.665,1 km<ref name=n2yo>

Características editar

GGTS 1 foi un satélite experimental lanzado á órbita xeoestacionaria para estudar a estabilización de satélites mediante gradente gravitatorio. Usaba o mesmo bus que os satélites IDCSP, pero alimentado con baterías e non con células solares. O sistema elixido para a estabilización, denominado MACS (Magnetically Anchored Gravity Systems) consistían en dous subsistemas idénticos composto cada un por unha vara extensible e un amortecedor viscoso esférico magneticamente ancorado. Cando o satélite extendía as dúas varas tiña unha lonxitude de 15,8 m, cos amortecedores, de 5 kg cada un, situados nos extremos, o que lle daba un aspecto de mancorna. A masa total do sistema de estabilización era de 12 kg. Os resultados de GGTS 1 foron inconcluintes ao estar un dos amortecedores contaminado magneticamente.[2][5][6]

GGTS 1 debería ter sido sucedido por un satélite xemelgo, GGTS 2, pero perdeuse debido ao fallo do foguete lanzador.[2][5][6]

Notas editar

  1. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "OPS 9381 (GGTS)" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (17 de abril de 2020). "GGTS 1" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2020. 
  3. "Letter dated 26 August 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (66-21541): 2. 2 de setembro de 1966. Consultado o 29 de abril de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2020). "GGTS 1" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GGTS 1, 2" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2020). "GGTS" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar