Gisela Karina López Rivas, nada en Santa Cruz de la Sierra en 1968, é unha xornalista, activista e política boliviana. Foi Ministra de Comunicación de Bolivia do 23 de xaneiro de 2017 até o 23 de xaneiro de 2019, durante o terceiro goberno de Evo Morales. Foi tamén Viceministra de Autonomías Departamentais e Municipais de Bolivia do 18 de xuño de 2013 até o 2 de febreiro de 2015. Actualmente é considerada unha prófuga da xustiza boliviana pola súa implicación no coñecido como "Caso Neurona"[1]

Infotaula de personaGísela López

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Santa Cruz de la Sierra, Bolivia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBolivia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , xornalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou os estudos escolares en 1974 e obtivo o bacharel en 1985 na súa cidade natal. En 1986 matriculouse na carreira de comunicación social, e graduouse como xornalista en 1991. Durante 10 anos, López dedicouse á prensa escrita. Gisela tamén traballou na televisión e na radio, cun xornalismo crítico e de investigación. En 2004 recibiu o Premio Nacional de Xornalismo.

Viceministra de Autonomías Departamentais e Municipais (2013-2015) editar

O 18 de xuño de 2013 a ministra de Autonomías Claudia Pena designou a Gisela López como a nova viceministra de Autonomías Departamentais e Municipais. Ocupou o cargo até o 2 de febreiro de 2015, substituída por Emilio Rodas.[2][3]

Ministra de comunicación de Bolivia (2017-2019) editar

O 23 de xaneiro de 2017 o presidente Evo Morales nomeouna ministra de Comunicación de Bolivia, en substitución de Marianela Paco.[4]

Gisela López permaneceu dous anos ao mando do ministerio. Foi subsituída por Manuel Canelas o 23 de xaneiro de 2019.

O 22 de novembro fuxiu do país, despois de que se lanzase unha orde de captura por corrupción como parte do denominado "Caso Neurona".[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar