Futbol Club Barcelona (voleibol)
A sección de voleibol do Futbol Club Barcelona foi creada o 26 de xaneiro de 1950 e desapareceu catro meses despois e foi refundada o 25 de setembro de 1970. Na súa primeira tempada conseguiu o ascenso á máxima categoría do voleibol de España, mais non foi un deporte de moito éxito. Xogaba os seus partidos no Palau Blaugrana 2. En 1986 a xunta directiva decidiu suprimir o seu equipo sénior e deixar unicamente os equipos de base.
Títulos
editar- Lliga Catalana: 3 (1985, 1991, 1994)