Furia Athlétic Club

equipo de fútbol de Campaña, Valga
(Redirección desde «Furia Athletic Club»)

O Furia Athlétic Club é un club de fútbol galego, da parroquia de Campaña no concello de Valga. Foi fundado o 20 de abril de 1996, sendo o primeiro presidente Roxelio Losas Martínez.

Furia AC
NomeFuria Athlétic Club
Alcume(s)Furia
Fundación20 de abril de 1996 (27 anos)
EstadioMunicipal de Campaña
Presidente Marcos Jamardo "Polo"
AdestradorMartín Busto Santalla "Mac"
Liga2ª Autonómica - Grupo 5
2011–12
Na rede
http://www.furiaac.com/
Facebook: 100035350881809 Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia editar

Na tempada 1996-97 tiña un equipo na categoría de afeccionados e dous nas categorías inferiores: un de infantís e outro de alevíns. Na actualidade ten catro equipos: afeccionados, xuvenís, infantís e benxamíns; aínda que chegou a contar con sete categorías: afeccionados (masculino e feminino), xuvenís, cadetes, infantís, alevíns e benxamíns.

Logrou o campionato de liga infantil nas tempadas 1998-99, 2000-01 e 2003-04, campionato de liga xuvenil 2003-04, campionato da liga cadete 2005-06 e campionato da liga de terceira autonómica 2006-07. Na tempada 2010-2011 volve a conseguir gañar a liga de terceira autonómica, co que acada o ascenso a segunda autonómica.

Entre o ano 2000 e o 2003 estivo presidido por Mila Bouzón Castroagudín, sendo substituída por Antonio Martínez Vázquez. Actualmente rexenta o cargo Marcos Jamardo "Polo".

O Furia foi promotor da primeira Copa do Sar de categoría cadete e da primeira Liga do Sar de benxamíns. Ten participado en diversos torneos a nivel nacional e internacional.

En 1998, despois dunha longa loita, o Furia consegue que o Comité de Disciplina Deportiva de Galicia permitise o acceso a mulleres en tódalas competicións organizadas pola Federación Galega de Fútbol.[1]

Últimas tempadas editar

Tempada Categoría Posición
2006/07 3ª Autonómica  
2007/08 2ª Autonómica 14º  
2008/09 3ª Autonómica
2009/10 3ª Autonómica
2010/11 3ª Autonómica  
2011/12 2ª Autonómica

Xogadores editar

Cadro actual editar

Posto País Xogador
- POR   Peixe
- DEF   Patxi
- DEF   Martín
- DEF   Juanjo
- DEF   Nena
- DEF   Rañó
- DEF   Maleko
- MED   Tito
- MED   M.Pontellón
- MED   Moncho
- MED   Pipe
Posto País Xogador
- MED   Diego
- MED   Salva
- MED   Santi Nevero
- MED   Toñito
- MED   Xabi Cotón
- MED   Xosé
- DIA   Álvaro
- DIA   Lilu
- DIA   Adrián Ferro
- DIA   Marcos
- DIA   De Nai

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar