Furacán de Cuba de 1910

O furacán de Cuba de 1910, popularmente coñecido como o Ciclón dos Cinco Días, foi un ciclón tropical destrutivo e pouco frecuente que asolou Cuba e os Estados Unidos en outubro de 1910. Formouse no sur do Caribe o 9 de outubro e intensificouse mentres se movía cara ó noroeste, converténdose nun furacán o 12 de outubro. Despois de cruzar a parte occidental da illa de Cuba, chegou ó seu punto culminante o 16 de outubro, día no que acadou a categoría 4 na Escala de furacáns de Saffir-Simpson. Movíase nun círculo en sentido antihorario e chegou de novo a Cuba. Despois seguiu cara a Florida, recalando preto do Cabo Romano. Despois de moverse a través do estado, chegou á costa do sueste dos Estados Unidos antes de desfacerse en mar aberto.

O furacán o 10 de outubro de 1910.

Por mor do seu bucle pouco frecuente, os informes iniciais afirmaban que se trataba de dúas tempestades separadas que se desenvolveron e recalaron nunha rápida sucesión. O seu percorrido foi obxecto dun gran debate na época até que finalmente se identificou como unha única tempestade. A análise do acontecemento levou a unha maior comprensión deste tipo de fenómenos meteorolóxicos.

A tempestade está considerada como unha das peores catástrofes naturais na historia cubana. Provocou moitos danos materiais e milleiros de persoas quedaron sen casa. Tamén tivo un grande impacto en Florida, onde destruíu moitas casas e provocou asolagamentos. Aínda que o dano monetario total da tempestade é descoñecido, estímase que só na Habana os danos excederon o millón de dólares e 250 000 nos Keys de Florida. Como mínimo, houberon 100 mortos só en chan cubano.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar