Funplex
Funplex é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de new wave The B-52s, publicado o 25 de marzo de 2008 a través do selo Astralwerks.[1] O disco foi gravado entre os anos 2006 e 2007 e foi o primeiro traballo con novo material do grupo dende Good Stuff, editado en 1992, aínda que The B-52s gravara dous novos temas para o seu álbum recompilatorio de 1998 Time Capsule: Songs for a Future Generation.
Funplex | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The B-52s | ||||
Publicado | 25 de marzo de 2008 | |||
Gravación | 2006-2007 | |||
Duración | 48:17 | |||
Xénero(s) | pop rock | |||
Selo(s) | Astralwerks | |||
Producido por | Steve Osborne, The B-52s | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
O álbum chegou como resultado da renovada xira da banda e o sentimento de que necesitaban algo novo para interpretar. O guitarrista Keith Strickland inspirouse para crear un son actualizado para o grupo cando escoitou o disco de New Order Get Ready e contratou ao produtor Steve Osborne. A produción de Osborne incorpora elementos máis modernos de música electrónica.
Listaxe de cancións editar
Todos os temas compostos e arranxados por The B-52s; música por Keith Strickland, letras e melodías de voces por Kate Pierson, Fred Schneider, e Cindy Wilson.[2]
- "Pump" – 4:53
- "Hot Corner" – 3:24
- "Ultraviolet" – 4:25
- "Juliet of the Spirits" – 4:22
- "Funplex" – 4:07
- "Eyes Wide Open" – 5:35
- "Love in the Year 3000" – 4:14
- "Deviant Ingredient" – 4:50
- "Too Much to Think About" – 3:47
- "Dancing Now" – 4:02
- "Keep This Party Going" – 4:31
- Cancións extra da edición deluxe de iTunes
- "Private Idaho" (Live at the Roxy) – 4:00
- "Planet Claire" (Live at the Roxy) – 5:28
- Target-exclusive bonus CD: Live at the Roxy in L.A.
- "Party Out of Bounds" – 3:45
- "Channel Z" – 5:26
- "Roam" – 5:13
- "Strobe Light" – 4:38
- "Rock Lobster" – 5:33
Notas editar
- ↑ The B-52s (ed.). ""Funplex" set for release!". Archived from the original on 18 de novembro de 2007. Consultado o 20 de marzo de 2018.
- ↑ Do libreto do álbum