Funicular do Tibidabo

O Funicular do Tibidabo é un funicular de Barcelona que une a Plaça del Doctor Andreu co Tibidabo. O seu traxecto ten unha lonxitude de 1152 metros e a estación inferior está conectada co Tramvia Blau.

Estación inferior do funicular.

Trátase do primeiro transporte destas características que funcionou en España. Construíuse en pouco máis dun ano, coa participación de Siemens AG, e foi inaugurado ás 15:00 do 29 de outubro de 1901, cun custo total de 697.000 pesetas.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar