Fundamental (son)

En acústica, o son fundamental é o provocado pola vibración do corpo que vibra en toda a súa extensión, en oposición aos harmónicos producidos pola vibración das diferentes partes.

En fonética articulatoria, por exemplo, a vibración das cordas vocais produce unha onda cuxo espectro sonoro presenta un gran número de compoñentes, que son todos múltiplos enteiros da frecuencia fundamental. A frecuencia fundamental corresponde á frecuencia vibratoria das cordas vocais e todo reforzo da frecuencia fundamental torna o son máis grave.