Frutos Xesús Martínez Saavedra

político e mestre galego

Frutos Xesús Martínez Saavedra, nado en Pontedeume[1], é un mestre e político galego.

Infotaula de personaFrutos Xesús Martínez Saavedra
Biografía
NacementoPontedeume Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Arteixo
Alcalde de Camariñas
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre de EXB, foi director do colexio de Camariñas, chegando a exercer de alcalde de 1971 a 1974[2]. Trasladouse a Arteixo en 1979, onde foi director do colexio de EXB desta localidade. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE de Arteixo, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Posteriormente estableceu un pacto de goberno co BNG e o PSF, o cal acabaría abandonando o BNG e se sumaría un edil do CDS. En decembro de 1988 os dous edís que apoiaban ós socialistas tamén romperon o acordo, e en xaneiro de 1989 estableceuse un pacto cos edís de AP[3]. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada, establecendo logo un pacto de goberno co BNG, o cal terminou rompendo en outubro de 1992[4].

Nas municipais de 1995 empatou a 7 edís co PPdeG, o cal o superou en votos, pese a aumentalo seu nivel de respaldo e votos. Se ben tiña a opción de conservala alcaldía co apoio dos 3 edís do BNG, a negativa destes supuxo que a alcaldía pasase ó candidato popular Manuel Pose Miñones, en contra do criterio da dirección superior dos nacionalistas, que expulsou ós concelleiros, os cales acabaron integrándose no goberno e no PPdeG ao remate da lexislatura. Neste mandato foi deputado provincial. Foi de novo candidato socialista nas municipais de 1999, pero non logrou recuperala alcaldía ó logralo PPdeG maioría absoluta, retirándose da política á fin dese mandato.


Predecesor:
Eulogio Gestal Varela
  
Alcalde de Arteixo
 
1987 - 1995
Sucesor:
Manuel Pose Miñones
Predecesor:
?
  
Alcalde de Camariñas
 
1971 - 1974
Sucesor:
?

Notas editar

  1. Entrevista en La Voz de Galicia A Coruña, 24-7-1994, p.2
  2. Entrevista en La Voz de Galicia A Coruña, 9-7-1987, p.28
  3. Nova en La Voz de Galicia A Coruña, 18-1-1989, p.31
  4. Nova en La Voz de Galicia A Coruña, 16-10-1992, p.43

Véxase tamén editar

Outros artigos editar