Frontier Records
Frontier Records é un selo discográfico independente iniciado no ano 1980 en Sun Valley, Os Ánxeles por Lisa Fancher, unha antiga empregada de Bomp! Records e escritora do libreto do primeiro álbum de The Runaways.
Frontier Records | |
---|---|
Fundado en | 1980 |
Fundador | Lisa Fancher |
Xénero(s) | punk rock, deathrock, rock alternativo, indie rock |
Orixe | ![]() |
Localización | Os Ánxeles, California |
http://www.frontierrecords.com | |
Historia editar
Frontier Records tivo o seu primeiro éxito coa publicación do álbum de Circle Jerks Group Sex en 1980. O selo editou discos de bandas como Suicidal Tendencies, American Music Club, Heatmiser, Redd Kross, Thin White Rope, T.S.O.L., Christian Death e Young Fresh Fellows, entre outros.
O 7 de novembro de 2010 Frontier Records organizou unha festa polo seu 30 aniversario no Echoplex dos Ánxeles que contou cunha reunión da banda seminal de punk rock Middle Class, sendo a súa primeira actuación en case tres décadas. The Adolescents, Rikk Agnew, T.S.O.L., Avengers e Flyboys tamén actuaron na festa.[1]
Notas editar
- ↑ "Frontier Records 30th Anniversary: Adolescents, Keith Morris". JamBase (en inglés). 2010-09-08. Consultado o 2019-12-12.