Fritz Rasp

actor alemán

Fritz Rasp, nado como Heinrich Fritz Rasp o 13 de maio de 1891, en Bayreuth e finado o 30 de novembro de 1976, en Gräfelfing, foi un actor alemán que apareceu en 104 películas durante seis décadas (de 1916 a 1976), sendo recoñecido principalmente polos seus roles de malo. Algúns dos seus papeis máis representativos foron en Spione (1928), Frau im Mond (1928) e en Metropolis (1927), de Fritz Lang; de feito, moitas das escenas deste último filme onde apareceu eran consideradas perdidas, até a recuperación dunha cinta completa en Buenos Aires en 2008, coas que se puido recuperar o 100% das escenas nas que aparecía Rasp.[1]

Infotaula de personaFritz Rasp
Biografía
Nacemento13 de maio de 1891 Editar o valor em Wikidata
Bayreuth, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Gräfelfing, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1909 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRenate Rasp (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0003248 Allocine: 4237 Allmovie: p58869
Find a Grave: 12452256 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Infancia e primeiros anos editar

Fritz Rasp foi o décimo terceiro fillo do topógrafo Daniel Rasp e de Augusta Grahl. En 1908 comezou a traballar na Escola de Teatro de Múnic, e ao ano seguinte debutrou como actor. En maio de 1914, asinou un contrato para traballar con Max Reinhardt no Deutsches Theater de Berlín. En 1915 e 1916 realizou os seus primeiros filmes, con directores como Paul Wegener e Ernst Lubitsch. Debido á Primeira guerra mundial, Rasp serviu no exército de 1916 a 1918, despois de que volveu traballar con Reinhardt.

Metropolis e os anos 20 editar

Unha das primeiras películas que rodou Fritz Rasp na década de 1920 foi Waming Shadows, dirixida por Fritz Lang, quen o chamou para actuar posteriormente en varias das súas producións. Unha delas foi Metropolis, en 1926; Rasp interpreta a un perturbador secundario: un espía, criado do dono da cidade, Joh Fredersen (Alfred Abel), que lle ordena que vixíe todo o que fai o seu fillo Freder (Gustav Fröhlich), para evitar un levantamento contra el. O aspecto do personaxe de Rasp é o que máis chama a atención: un home alto, fraco e malhumorado, pero cuxa maldade se expresa claramente no seu rostro. Quizais foi este papel o que determinou que despois os seus personaxes fosen preferiblemente viláns.

Aínda que a película non foi un éxito na súa estrea, a valoración posterior foi moi importante. Despois de Metropolis, Rasp continuou traballando en películas mudas, como Die Liebe der Jeanne Ney, 1928, de George Wilhelm Pabst, na que interpreta a un estafador (Fritz Rasp sufriu un accidente que o deixou inconsciente e incapaz de continuar co traballo; Pabst decidiu suspender a rodaxe até que se recuperou), e Diary of a Lost Girl, 1929, xunto á estadounidense Louise Brooks.

Cine do Reich e fin da guerra editar

Nos anos 1930, o cine mudo estaba desaparecendo e Rasp incorporouse aos filmes sonoros. As producións nesa etapa foron numerosas; unha das máis importantes foi Es war eine rauschende Ballnacht, 1939, onde compartiu elenco coa bailarina húngara Marika Rökk e a actriz sueca Zarah Leander. O ascenso do nazismo condicionou moito o cinema alemán, pero Fritz continuou en Alemaña a súa carreira en lugar de optar polo exilio ou a migración cara a unha industria cinematográfica estranxeira. Durante a Segunda guerra mundial, Rasp só fixo tres películas: Leidenschaft de 1940, Alarm de 1941 e Paracelsus de 1943. Despois da guerra, a industria volveu a certa normalidade. Rasp volveu con Irgendwo in Berlin, 1946. Nunha entrevista de 1972, titulada "Fritz Rasp erzählt" (fritz "Rasp cóntanos), o actor referiuse a esta etapa da súa carreira:[2]

“(…) Gravei The Comedy of Life con Pabst. Durante o nazismo o filme foi prohibido, pero regaláronlla polo seu 50 aniversario. Unha película prohibida! Nese aniversario xuntáronnos con outros actores, pedíronnos que acudísemos a un club para darlle un autógrafo e había un cartel cos protagonistas de The Comedy...; Pregunteille por que, e dixéronme que se enviaría xunto con outras 49 películas ao Führer como agasallo de aniversario. (...) Tamén estaban as de Lang, Spione e Frau im Mond (...)"

Rasp díxolle ao crítico soviético Alexander Dymshitz, membro da Academia das Artes da RDA, que cando veu chegar aos soldados do exército roxo en 1945, desenterrou libros Ilya Ehrenburg do seu xardín con dedicatorias por ter participado nun filme con guión do escritor. Os soldados víronos, pediron un intérprete, leváronlle comida e puxeron unha inscrición na porta da casa: "O amigo de Ilya Ehrenburg vive aquí. A casa está custodiada por tropas soviéticas".[3] Cando lle contaron iso a Ehremburg, dixo que "Raps era un bo tipo", e continuaron a súa amizade ao longo dos anos.

Anos posteriores editar

A década de 1950 foi moi próspera, con producións como Skandal in der Botschaft (1950) e Hokus Pokus (1953). En 1955 faría o seu único traballo para Hollywood, en Magic Fire de William Dieterle (1955), representando a Herr Pfistermeister, ministro de Lois II de Baviera que fora en busca de Wagner, interpretado por Alan Badel.

Entre 1959 e 1961 traballou en diversas obras de Harald Reinl, baseadas nas novelas de terror do escritor Edgar Wallace. Destacan Der Frosch mit der Maske (1959), Die Bande des Schreckens (1960), Der rote Kreis (1961) e Die seltsame Gräffin (1961).

En 1963 recibiu un premio da Academia de Cine Alemán, pola súa longa e destacada traxectoria no cinema alemán, e pola súa constante contribución ao mesmo ao longo dos anos.

Nas décadas de 1960 e de 1970 traballou máis en series de televisión que no cine. Entre os filmes nos que actuou están Dr. med Hiob Prätorius (1965) e Lina Braake (1975). A súa última aparición foi na televisión, na serie Dorothea Merz, de 1976. Morreu aos 85 anos en Gräfelfing.

Vida persoal editar

Rasp casou con Charlotte Petermann (1904 - 1993), filla do dramaturgo alemán Felix Höllander. Tiveron catro fillos, entre eles Andreas (1921-2013), profesor de instituto e poeta, Gerhard (1931-1994) e Renate (1935-2015), destacado escritor asociado ao Grupo 47.

Filmografía editar

  • Dorothea Merz (1976) (TV) .... Der alte Merz
  • Lina Braake (1975) .... Gustaf Haertlein
  • Fritz Rasp erzählt, (1972) .... El mesmo
  • A alegría da vida (Dr. Med. Hiob Praetorius, 1965) .... Shunderson
  • Erotikon - Karussell der Leidenschaften (1963) Schloßverwalter
  • Das schwarz-weiß-rote Himmelbett (1962) .... Pfarrer/Parson
  • Das Rätsel der roten Orchidee (1962) .... Tanner
  • Die seltsame Gräfin, 1961)
  • Das schwarze Schaf (1960) .... Lord Kingsley
  • Die Bande des Schreckens (1960) .... Lord Godley Long
  • Der rote Kreis, 1960) .... Froyant
  • Der Frosch mit der Maske, 1959) .... Ezra Maitland
  • Die Weise von Liebe und Tod (1955) .... Großwesir
  • Magic Fire (1955) .... Pfistermeister (Ministro Herr Pfistermeister)
  • Die Mühle im Schwarzwäldertal (1953)
  • Hokuspokus (1953) .... Diener (mayordomo)
  • Skandal in der Botschaft 1950) .... Inspector Kick
  • Irgendwo in Berlin (1946) .... Waldemar Hunke, thief
  • Paracelsus (1943) .... Der Magister
  • Alarm (1941) .... Feinmechaniker Stülken
  • Leidenschaft (1940) .... Boddin
  • Frau im Strom (1939) .... Wendelin
  • Es war eine rauschende Ballnacht, (1939) .... Porphyr Philippowitsch Kruglikow
  • Nanu, Sie kennen Korff noch nicht? (1938) .... Kelley
  • Einmal werd' ich Dir gefallen (1938) .... Theo - Haushofmeister
  • Togger (1937) .... Dublanc
  • Der Hund von Baskerville (baseado en O can dos Baskerville, 1937; xa fixera versión nos anos 20) .... Barrymore
  • Onkel Bräsig (1936) .... Slusohr, ein Gauner
  • Die Leuchter des Kaisers (1936) .... Stanislaus
  • Lockspitzel Asew (1935) .... Lockspitzel Asew
  • Lockvogel (1934) .... de Groot, ihr Vormund
  • Klein Dorrit (1934) .... Flintwinch
  • Charleys Tante (1934) .... Lord Babberley
  • Schuß am Nebelhorn (1934) .... Sebastian Geyer, Forstgehilfe
  • Grenzfeuer (1934) .... Nothaas, Grenzhofbauer
  • Altgermanische Bauernkultur (1934) .... Dr. Sandmann
  • Der Judas von Tirol (1933) .... Raffl
  • Der sündige Hof (1933) .... Veit, der Schäfer
  • Der Hexer (1932) .... Maurice Meister
  • Die grausame Freundin (1932) .... Professor Bock
  • Die Vier vom Bob 13 (1932) .... Schmidt
  • Emil und die Detektive, 1931) .... Grundeis
  • Die Pranke (1931) .... Dr. Ing. Rappis
  • Der Zinker (1931) .... Frank Sutton
  • Tropennächte (1931) .... Jones
  • Die 3 Groschen-Oper (1931) .... Peachum
  • Der Mörder Dimitri Karamasoff (1931) .... Smerdjakoff
  • Dreyfus (1930) .... Maj. DuPatay de Clam
  • Die große Sehnsucht (1930) .... El mesmo, Fritz Rasp
  • Frühlingserwachen (1929) .... Lehrer Habebald
  • Die Drei um Edith (1929) .... Pistol
  • Frau im Mond (1929) .... Der Mann
  • Tagebuch einer Verlorenen (1929) .... Meinert
  • Der Hund von Baskerville (1929) .... Stapleton
  • Die Carmen von St. Pauli (1928) .... The doctor
  • Spione, (1928) .... Colonel Jellusic
  • Der geheimnisvolle Spiegel (1928) .... reicher Mann
  • Schinderhannes (1928) .... Heinrich Benzel
  • Die Liebe der Jeanne Ney (1927) .... Khalibiev
  • Der letzte Walzer (1927) .... Linnsky, Hofmarschall
  • Kinderseelen klagen euch an (1927)
  • Metropolis (1927) .... Der Schemale
  • Die Waise von Lowood (1926) .... Brocklehurst
  • Überflüssige Menschen (1926) .... Chirikov
  • Der Liebe Lust und Leid (1926)
  • Qualen der Nacht (1926) .... Kellner
  • Das Haus der Lüge (1926) .... Kandidat Molwik
  • Götz von Berlichingen zubenannt mit der eisernen Hand (1925)
  • Die Puppe vom Lunapark (1925)
  • Ein Sommernachtstraum (1925) .... Schnauz
  • Komödianten (1925)
  • Menschen am Meer (1925)
  • Arabella (1924)
  • Schätten (1923) .... Diener
  • Zwischen Abend und Morgen (1923)
  • Time Is Money (1923) .... François
  • Der Mensch am Wege (1923) .... Farmhand
  • Jugend (1922) .... Amandus
  • Das verschwundene Haus (1922)
  • Hans Trutz im Schlaraffenland (1917)
  • Schuhpalast Pinkus (1916)

Notas editar

  1. ".: Museo del Cine - Pablo Ducrós Hicken". web.archive.org (en castelán). 2012-10-30. Archived from the original on 30 de outubro de 2012. Consultado o 2022-08-03. 
  2. "Fritz Rasp erzählt (1972) (Spanish sub.)" (en alemán). Consultado o 2022-08-03. 
  3. "Ал. Дымшиц Трудная любовь. Воспоминания об Илье Эренбурге". biography.wikireading.ru. Consultado o 2022-08-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar