Freitas

cantante español

Facundo Freitas Costa nado en Montevideo o 12 de decembro de 2002 e coñecido popularmente polo seu nome artístico Freitas é un cantante español.

Freitas
Freitas durante a gravación dun vídeo musical
Nome completoFacundo Freitas Costa
AliasFacundo Freitas
Data nacemento12 de decembro de 2002
Nado enMontevideo
ResidenciaA Coruña
OcupaciónMúsico
XéneroReggaeton
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo2019 - actualidade
Na rede
IMDB: nm12335697 Twitter: freitasfcs Instagram: freitasfcs Youtube: UCWzTMUqRtn6jQBiefKFG3Wg Souncloud: freitasfcs Spotify: 70lVK8k1ylL9qBcZR2OSla Last fm: Facundo+Freitas Musicbrainz: 79453e21-db11-4013-a955-05fd5686f54a Songkick: 9246544 Deezer: 168766577 Genius: Freitas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De orixe latina e nado no Uruguai, Freitas trasládase a España con tan só un ano de idade, onde desenvolve a súa paixón pola música.[1] Con 15 anos, decide investigar máis sobre o tema e matricúlase nun curso de técnico de produción musical e son, onde empeza a gravar as súas primeiras cancións.[2] Xa con 17 anos publica a súa primeira canción profesional chamada "Fuego", e despois de 2 anos na industria anuncia o lanzamento do seu primeiro álbum musical chamado Fe.[3] En marzo de 2022 foi nomeado aos Premios MIN nas categorías de mellor artista emerxente, canción do ano, mellor letra orixinal, mellor vídeo musical e mellor produción musical.[4]

Tras comezar a súa carreira musical baixo o nome artístico "Facundo Freitas", o coruñés comeza unha nova etapa como "Freitas".

Notas editar

  1. Santos, Amara (9 de maio de 2021). "Facundo Freitas: El joven artista coruñés de música urbana que se inspira en Juan Magán". El Español (en castelán). 
  2. Joswald Oropeza (9 de outubro de 2021). "Facundo Freitas (Facundo Freitas Costa)". Enorable (en castelán). 
  3. Quintás, Paula (13 de xaneiro de 2022). "El coruñés Facundo Freitas impulsa su carrera musical con su primer álbum, 'Fe'". El Español (en castelán). 
  4. "CANDIDATURAS GALLEGAS A LOS PREMIOS MIN 2022. VOL II: DE LA D A LA N". Galician Tunes (en castelán). 5 de marzo de 2022.