Frederic Escofet
Frederic Escofet i Alsina[1], nado en 1898 en Barcelona e finado o 27 de marzo de 1987, foi un militar catalán ao servizo de Generalitat de Cataluña antes e durante a guerra civil española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1898 Barcelona, España |
Morte | 27 de marzo de 1987 (88 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , militar , político |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Carreira militar | |
Lealdade | Restauración borbónica en España |
Rango militar | tenente coronel |
Conflito | Guerra civil española e Guerra do Rif |
Traxectoria
editarMilitar de carreira desde 1919, sería oficial voluntario en Marrocos desde 1920 a 1923.
O 26 de xuño de 1936 o Presidente da Generalitat, Lluís Companys elíxeo xefe dos Mossos d'Esquadra (policía autónoma catalá), policía na que Escofet ingresara en 1930, acabada a ditadura de Primo de Rivera, como Comisario Xeral de Orde Pública, por consideralo un home leal ante a inminencia do golpe de estado do exército. O fracaso dos feitos do 6 de outubro de 1934, coa proclamación do Estado Catalán, servira para avaliar o perigo dos insurrectos, e poder preparar accións que van abortar a insurrección en Barcelona en xullo do 1936.
Despois da guerra civil vai exiliarse en Bélxica, logo regresaría a Barcelona, onde morre en 1987.
Escofet é unha das testemuñas que declaran sobre a guerra civil no filme de Jaime Camino "La vieja memoria".