Frederick Christ Trump, nado en Nova York o 11 de outubro de 1905 e finado en New Hyde Park o 25 de xuño de 1999, foi un promotor inmobiliario e filántropo estadounidense, pai do 45º presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.

Fred Trump
Nome completoFrederick Christ Trump
Nacemento11 de outubro de 1905
Lugar de nacementoBronx
Falecemento25 de xuño de 1999
Lugar de falecementoNew Hyde Park
Causapneumonía
SoterradoMiddle Village
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterRichmond Hill High School
Ocupaciónreal estate developer e investidor
PaiFrederick Trump
NaiElizabeth Christ Trump
CónxuxeMary Anne MacLeod
FillosMaryanne Trump Barry, Fred Trump Jr., Robert Trump, Elizabeth Trump Grau e Donald Trump
IrmánsJohn George Trump e Elizabeth Walter Trump
Na rede
IMDB: nm7539707 WikiTree: Trump-67 Find a Grave: 40736522 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu no Bronx no seo dunha familia de inmigrantes alemáns luteranos, Frederick e Elizabeth Christ Trump. Ao pouco da nacenza de Fred, a familia mudou a súa residencia para Woodhaven, en Queens. Cando Fred tiña 12 anos, seu pai morreu no epidemia de gripe de 1918[1], e súa nai decidiu levar ela o negocio inmobiliario de seu home, e Fred aínda menor de idade entrou en 1923 no negocio inmobiliario, financiado por súa nai edificou a súa primeira casa [2], cambiando o nome do negocio familiar a E. Trump & Son e construíndo centos de casas en Queens nos anos seguintes[3]. Durante a Gran Depresión a empresa deixou o negocio inmobilario e Fred abriu un supermercado, que vendeu en 1933 para volver ao sector inmobiliario.[4] Durante a segunda guerra mundial construíu apartamentos e barracóns para o persoal da Armada nas proximidades dos principais estaleiros da costa leste. Despois de rematar a guerra centrou o seu negocio na construción de casas para os veteranos retornaban da guerra e complexos como o de Shore Haven en Bensonhurst en 1949 e Beach Haven próximo a Coney Island en 1950 (cun total de 2.700 apartmentos). En 1963–1964 edificou a Trump Village, un complexo de apartamentos en Coney Island. Ao longo dos anos construíu máis de 27.000 apartamentos de baixo custo e casas acaroadas en Coney Island, Bensonhurst, Sheepshead Bay, Flatbush e Brighton Beach en Brooklyn, e mais Flushing e Jamaica Estates en Queens[5]. En 1968 seu fillo, Donald, incorporouse á empresa en 1968 e en 1971 converteuse no presidente da compañía, mentres Fred permanecía como presidente do consello de administración[6]. Na primeira listaxe Forbes 400 publicada en 1982 aparecía cunha fortuna estimada de 200 millóns de dólares, compartida co seu fillo Donald [7].

Notas editar

  1. Rozhon, Tracie. "Fred C. Trump, Postwar Master Builder of Housing for Middle Class, Dies at 93". The New York Times, 26 de xuño de 1999]
  2. Whitman, Alden. "A builder looks back—and moves forward". New York Times, 28 de xaneiro de 1973.
  3. Barrett, Wayne (2016). Trump: The Greatest Show on Earth: The Deals, the Downfall, the Reinvention. Simon & Schuster. p. 63.
  4. D'Antonio, Michael (2015). The Truth About Trump. St. Martin's Press. pp. 31 & 34
  5. Whitman, Alden. "A builder looks back—and moves forward". New York Times, 28 de xaneiro de 1973.
  6. Blair, Gwenda (2015). Donald Trump: The Candidate. Simon & Schuster. p. 23.
  7. Wang, Jennifer . "The Ups And Downs Of Donald Trump: Three Decades On And Off The Forbes 400". Forbes, 24 de marzo de 2016