Frankenweenie (filme de 1984)

Frankenweenie é unha curtametraxe dirixida por Tim Burton que se estreou en 1984. Está producida por Buena Vista Distribution e foi co-escrita por Burton e Leonard Ripps. É unha homenaxe do filme de 1931 Frankenstein baseado na novela Frankenstein ou o moderno Prometeo de Mary Shelley. Burton tamén dirixiu a longametraxe remake de 2012.[1]

Frankenweenie
Ficha técnica
Título orixinalFrankenweenie
DirectorTim Burton
ProdutorJulie Hickson
Rick Heinrichs
GuiónLenny Ripps
IntérpretesShelley Duvall
Daniel Stern
Barret Oliver
MúsicaDavid Newman
Michael Convertino
FotografíaThomas E. Ackerman
MontaxeErnest Milano
EstudioWalt Disney Pictures
DistribuidoraBuena Vista Distribution
Estrea14 de decembro de 1984
Duración30 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento$1 000 000
Na rede
http://movies.disney.com/frankenweenie-1984
IMDB: tt0087291 Filmaffinity: 206611 Allocine: 43183 Rottentomatoes: m/frankenweenie-1992 Allmovie: v18492 TCM: 518696 TV.com: movies/frankenweenie Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Victor Frankenstein é un neno que fai curtas na que o seu can Sparky é o protagonista, ata que este é atropelado por un camión. Na súa escola, Víctor aprende sobre o impulso eléctrico dos músculos e decide empregar esa técnica para revivir a súa mascota. Para iso, crea un complexo aparello que devolve a vida a Sparky. Se ben Victor e a súa familia aceptan ó revivido animal, os seus veciños están arrepiados.

Personaxes editar

Remake editar

Artigo principal: Frankenweenie (filme de 2012).

Disney e Tim Burton produciron unha longametraxe en animación stop motion, que foi estreada o 5 de outubro de 2012 en Disney Digital 3D e IMAX 3D. O filme orixinal está incluído como un contido extra no formato Blu-ray.

Notas editar

  1. Wheeler, Jeremy. "Frankenweenie". Allmovie. Consultado o 26 de setembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar